O BNG denuncia a contaminación do río Furelos por vertidos do parque industrial de Melide

Néstor Rego
Néstor Rego

Néstor Rego acusa á Xunta de “irresponsabilidade” por non dotar dunha depuradora o parque

O candidato do BNG ao Congreso por A Coruña, Néstor Rego visitou hoxe o concello de Melide xunto ao deputado, Xosé Luís Rivas, o candidato á Alcaldía de Melide, Xesús Pereira e membros de asociacións afectadas polos vertidos industriais ao río Furelos procedentes do parque industrial de Melide.

Tras a visita ao lugar dos vertidos no parque industrial, Rego afirmou que é necesaria unha nova cultura do desenvolvemento sostible, así como unha nova cultura da auga. Para o candidato do BNG ao Congreso é urxente iniciar accións no ámbito da “conservación, depuración e abastecemento” que  deben estar en mans públicas para asegurar a xestión baixo criterios que primen o servizo público.

FOTO VISITA NESTOR REGO MELIDE“Os vertidos incontrolados”, afirmou, afectan ao medio ambiente e de maneira fundamental, á saúde das persoas. A contaminación do polígono industrial pasa, explicou, directamente ao río Furelos e do río ao Ulla. Para o consumo humano, utilizamos a auga deste río o que conleva graves consecuencias.

Dende o BNG, reiterou Rego, defendemos a xestión pública así como a totalidade dos recurso híbridos  galegos que deben estar tamén en mans do Goberno galego, de aí a necesidade de reclamar a transferencia da Cunca hidrográfica Miño-Sil e as augas costeiras porque nos daría “máis capacidade”. Todo isto, debe complementarse, engadiu, cunha actitude de responsabilidade do Goberno galego, algo que como acabamos de comprobar neste parque,  “non acontece” pois a contaminación provocada polos vertidos industriais resulta  é evidente no río Furelos.

Pola súa parte, o deputado do BNG, Xosé Luís Rivas cualificou de “grave” que a conselleira de Medio Ambiente, antes conselleira de Medio Rural e ex-alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez permita que o parque industrial verta de maneira continua residuos industriais ao río Furelos e non tome medidas para loitar contra a contaminación. Resulta “indecente” que este parque non teña unha depuradora e continúe contaminando o río a pesar das moitas  denuncias formuladas polo BNG de Melide.

Nesta mesma liña, se pronunciou o candidato do BNG á Alcaldía de Melide, Xosé Pereira que tildou de “nula” a xestión do Partido popular para resolver un problema que afecta a centos de veciños e veciñas.  

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG