O BNG defende un novo Concerto económico que beneficie a Galiza e o PP responde "NON"

O grupo parlamentario amosa a súa solidariedade con Laura Bugallo

O deputado do BNG, Francisco Jorquera defendeu unha Proposición de lei para reclamar autonomía financeira e fiscal en Galiza a través dun novo concerto económico co Estado, proposta que foi rexeitada polo Partido popular

Jorquera defende un novo modelo de financiamento económico para Galiza

O deputado do BNG, Francisco Jorquera defendeu unha Proposición de Lei sobre un novo concerto económico para Galiza co fin de ser presentada ante o Congreso dos deputados para a súa aprobación. Os votos en contra do Partido popular impediron que a iniciativa do BNG prosperara.

O deputado do BNG dixo que o Partido popular rebate “os nosos datos” sobre fluxos fiscais entre Galiza e o Estado español” pero a pesar de telos solicitado con insistencia, “a Xunta non aporta os seus”. Dende o BNG, mesmo propuxemos unha comisión parlamentaria de estudos á que o PP tamén se opuxo.

Jorquera reiterou que aínda que a balanza fose negativa para Galiza, “o concerto económico para o noso país é compatible con mecanismos que corrixan as desigualdades territoriais” e contar coa ferramenta necesaria para deseñar as nosas “propias políticas fiscais, ao servizo dos intereses de Galiza”.

As comunidades con cupo contan con mellores indicadores económicos

O nacionalista afirmou que as comunidades que teñen autonomía fiscal plena “son as que contan con mellores indicadores económicos, benestar e cohesión social”. Non podemos seguir “laiándonos” de que a Euskadi e Navarra lle vaia ben.

O grupo parlamentario amosa a súa solidariedade con Laura Bugallo

Jorquera lembrou que o BNG propuxo ao Goberno presentar as súas proposta no Parlamento e establecer un dialogo cos grupos para concretar unha “posición de país” e vostedes, dixo, “dixeron non”, pedimos concretar a nosa proposta e tamén “dixeron non” incluso a pesar das declaracións do propio presidente da Xunta que cualificou de “incorrecto e inxusto o modelo” porque non financia o custe real dos servizos.

Lembranza a Alexandre Bóveda e a súa defensa dunha Banca e tributación propia

Na defenda da Proposición de lei, o deputado lembrou que hai 113 anos nacía en Ourense Alexandre Bóveda e se Castelao foi o grande referente social do galeguismo, “Bóveda foi o seu motor de explosión”. O seu compromiso ético e político levouno a entregar a súa vida por Galiza e asumir o seu martirio como un contributo ao país. Para Bóveda, recalcou Jorquera “o nacionalismo era moito máis que unha cuestión identitaria” e falar de Galiza era falar de progreso e do benestar do pobo galego por iso, Bóveda propuxo, como fai o nacionalismo de hoxe, crear un Banco Nacional galego para que “o noso aforro non emigre” e tamén defendeu para Galiza “unha administración tributaria propia”. Iso, recalcou o parlamentar é o espírito da nosa proposición de Lei. Unha iniciativa para que Galiza dispoña dun novo sistema de financiamento e plena responsabilidade en materia fiscal.

Francisco Jorquera

As empresas con actividade en territorio galego deben tributar en Galiza

O nacionalista propuxo inverter os termos e que sexa Galiza quen transfira ao Estado a cantidade correspondente para contribuír os servizos xestionados pola administración central porque se calculamos o que o Estado recada en Galiza por todos os conceptos impositivos e “moito máis do que logo nos transfire a través do sistema de financiamento autonómico”. Neste sentido, explicou que no ano 2007 o Estado captou 12.504 M€ mentres Galiza obtivo 8.129 do sistema de financiamento, os recurso xerados en Galiza superaron en máis de 3.000 M€, esta é a capacidade tributaria que temos.

A proposta de lei do BNG incluía a plena incorporación do imposto de sociedades ao noso sistema de financiamento para que as empresas que operen en Galiza tributen á Facenda galega e non a Madrid como ocorre con Inditex, Citröen ou Unión Fenosa.

O nacionalista rematou a súa intervención parafraseando a Bóveda que denfendía que o diñeiro procedente dos impostos que pagamos todos os galegos e galegas “non emigre e se poña ao servizo do país”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG