Sumámonos á homenaxe nacional a Camilo Nogueira

Camilo Nogueira
Camilo Nogueira
Sumámonos á homenaxe nacional a Camilo Nogueira

A Executiva Nacional do BNG acordou adherir colectivamente ao Bloque Nacionalista Galego á homenaxe nacional a Camilo Nogueira, que terá lugar o vindeiro 11 de novembro en Compostela.

Décadas de compromiso e traballo incansábel de Camilo a prol do nacionalismo galego, da dignificación da Galiza como pobo, da súa lingua e cultura nacionais, e da defensa dos seus dereitos políticos, fano ben merecente deste recoñecemento público.

O extraordinario traballo institucional de Camilo (no Parlamento da Galiza e Parlamento europeo), mais tamén o seu labor persistente en moitos ámbitos sociais, fixeron que Camilo supoña especialmente para nós, colectivamente, como compañeir@s do BNG, un estímulo e todo un orgullo.