parlamento galego

BNG acusa a Medio Rural de ocultar ao Parlamento información sobre medidas de prevención contra os incendios

María Albert
María Albert

María Albert lembra que o Partido popular vetou a comparecencia do conselleiro de Medio Rural para explicar a protección dos espazos singulares, a agricultura e gandería e as previsións ante o risco de incendios

Reprocha ao titular de Medio Rural a insuficiencia de medidas  para protexer e rexenerar os espazos medioambientalmente sensibles afectados polos lumes

Pide “non abusar tanto  das subvención e investir máis  en política preventiva”

A deputada do BNG, María Albert interpelou ao conselleiro de Medio Rural sobre as previsións da Xunta  en materia de prevención de incendios para que non se repita a situación do “terrible verán do 2022” que prexudicou  gravemente o interior de Galiza. Un  interior, dixo, que o goberno do PP na Xunta mantén, “incomunicado, avellentado, despoboado e marxinado”.

A nacionalista reprochou á Consellería de Medio Ambiente a súa falta de respecto co Parlamento por negar a información requirido polo grupo parlamentario do BNG sobre  medidas de prevención contra os lumes e a súa “desidia” á hora de rexenerar as zonas afectadas.

Na súa intervención lembrou que no ano 2022 arderon  Espazos naturais, reservas da biosfera e xeoparques,  “pulmóns do noso país” en Os Ancares – Courel, e os parques naturais de Serra da Enciña da Lastra, O Invernadoiro e Baixa Limia - Xurés

Hoxe, dixo, Albert dende o BNG interpelamos ao conselleiro Medio Rural .porque  é importante que este Parlamento dispoña de información detallada en relación a que medidas de prevención específicas estaban en vigor nestes e outros espazos de especial relevancia natural e sobre o desleixo da Xunta para velar pola súa  protección, recuperación e rexeneración, así como o control das  das  consecuencias negativas  provocadas polo lume.

Ambas cuestións, reiterou a nacionalista, están de actualidade porque constatamos “a  incapacidade dos instrumentos de ordenación e xestión en vigor para protexer eses espazos”. Instrumentos de ordenación e xestión (PORN e PRUX), insuficientes e mal  dotados economicamente.

Medio Rural “incendia o debate” na campaña electoral das municipais

A parlamentaria do BNG lembrou que o pasado 17 de maio, en plena precampaña das eleccións municipais, o titular de Medio Rural, José González permitiuse  o luxo de incendiar o debate nun acto en Sandiás  acompañado por outros cargos públicos como o vicepresidente da Deputación de Ourense. Vostede, explicou Albert,  responsabilizou á Unión Europea e as súas ferramentas de protección medioambiental, como a Directiva Hábitat e a Rede Natura 2000, “dos incendios do ano  2022 e o abandono do monte” ao que sumou a poboación por fauna salvaxe.

A deputada  indicou  que o ano pasado, o 70% das hectáreas afectadas polo lume estaba en Rede Natura,  rede ecolóxica europea de áreas de conservación da biodiversidade deseñada dende hai máis  de 25 anos e que obriga á Xunta de Galiza a velar pola súa protección”.

Por outra banda, explicou que Galiza é a comunidade de todo o Estado con menos proporción de superficie incluída en Rede Natura (menos do 12%); case a metade que o resto de comunidades e case catro veces menos que lugares como Canarias (42%) y Madrid (40%). Este feito fixo que a Comisión Europea advertise con abrirnos expediente  por incumprimento das leis da Unión. E a pesar desta circunstancia, o PP permítese eliminar “unha brigada  de limpeza no Xurés” e votar 2 veces en menos de 6 meses neste Parlamento en  contra da súa restitución.

Preocúpanos imaxinar que medidas  considera necesarias   a Consellería do Medio Rural   para evitar que os espazos protexidos por  Rede Natura 2000 sexan, segundo as súas propias palabras , “causantes de incendios forestais”. Sería mellor eliminalas? preguntou ironicamente a deputada  ou máis ben  é un argumento para unha solución  ao modo de  Bush, que estimaba que “a mellor solución para que os montes non arderan era talar todas as árbores”.

Vostedes non son quen de executar o 25% do seu orzamento e pediu a  Medio Rural que non centre a súa xestión exclusivamente nas  subvencións e invista máis en política preventiva, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG