Ana Pontón pide a Feijóo a devolución "gratuíta" do Pazo de Meiras por parte da Familia Franco

Ana Pontón
Ana Pontón

Ante a afirmación de Feijóo “sería franquista expropiar o Pazo de Meirás”, a portavoz do BNG replicou que o verdadeiramente franquista é amparar o franquismo e os privilexios obtidos por unha familia grazas á ditadura e dende o BNG propoñemos a devolución gratuíta”.

Ana Pontón pide a Feijóo a devolución "gratuíta" do Pazo de Meiras por parte da Familia Franco

A portavoz do BNG, Ana Pontón esixe a Feijóo actuar fronte “o espolio e roubo do Pazo de Meirás”, por parte da familia Franco,  ao que sumou a Casa de Cornidedúas esculturas do Pórtico da Gloria do Mestre Mateo. Pontón pediu a Feijóo, e a o Partido popular, sumarse á comisión Comisión Pro Devolución do Pazo   creada  por impulso da Vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín  e formada por numerosos concellos.

A nacionalista comezou  lembrando a histórica frase de Arias Navarro: “Españoles, Franco a muerto” para afirmar que “40 anos despois da morte do ditador: “Franco morreu pero o franquismo segue vivo” e explicou que continúa vivo grazas a unha Transición que “legalizou unha amnistía para os asasinatos e crimes dos franquistas, impuxo unha monarquía cun xefe do Estado designado por Franco como sucesor mantendo un réxime con elites económicas e xudiciais da ditadura e que  “deixaron as cousas atadas e ben atadas”. Neste sentido, lembrou que un dos casos paradigmáticos desas cousas atadas e ben atadas, témolo moi cerca. “A familia Franco fíxose con métodos ilegais” con bens tan valiosos como a casa de Cornide, dúas  figuras  do Pórtico da Gloria ou o Pazo de Meirás.

Pontón cualificou de  “esperpento e  patada á democracia ver o Pazo de Meirás, convertido nun parque temático franquista, coa súa total complicidade”. Vostede, reprochou Pontón a Feijóo, sabía desde había meses  a Fundación Francisco Franco xestionaba  as visitas do Pazo e “non fixeron nada”. Algo si que fixeron,  “difundir a través da páxina oficial o teléfono da Fundación Francisco Franco”.

DECLARAR A FAMILIA FRANCO E FUNDACIÓN F. FRANCO “ NON GRATAS” EN GALIZA

Para Pontón resulta  unha aberración que se poda facer apoloxía do fascismo e negacionismo sen que pase nada. É un  “despropósito democrático” que a familia Franco sega  mantendo os mesmos privilexios que tiñan no franquismo e  actúe ante Galiza con esta prepotencia. Ou acaso non e prepotencia decretar que se suspendan as visitas porque lles dá a gana?

Á familia Franco sáelle case gratis incumprir a Lei e as institucións públicas en mans do PP leva décadas protexendo a propiedade da familia do ditador. Sen ir máis lonxe,  vostede mesmo manifestouse contrario a que o Pazo de Meirás fora declarado Ben de Interese Cultural e regaloulle “  50.000€ de todos os galegos e  galegas á familia Franco para que cumpriran coa obriga legal de abrir o pazo”. Por certo, ten vostede xunto con Aznar o mérito de ter sido un  dos dous políticos que máis cartos públicos lle deron aos Franco nos últimos 40 anos.

DEVOLUCIÓN GRATUÍTA DO PAZO DE MEIRAS AO POBO GALEGO

Ante a afirmación de Feijóo “sería franquista expropiar o Pazo de Meirás”, a portavoz do BNG replicou que o verdadeiramente franquista é amparar o franquismo e os privilexios obtidos por unha familia grazas á ditadura. Nós, remarcou a portavoz do BNG propoñemos a “devolución gratuíta”.

A familia Franco, reiterou, fíxose con el de xeito irregular, con aportacións forzosas, pola toma de propiedades colindantes e mediante a desvío de fondos e recursos públicos. Vostede ten que decidir que vai facer.

 Ana Pontón instou a Feijóo a apoiar a proposta do BNG incluída na orde do día da sesión plenaria e que inclúe tres puntos:

  1. Por dignidade, dicirlles a familia Franco e a Fundación Francisco Franco que “non son persoas gratas as que defenden unha ditadura e queren enxalzar o fascismo.”  Iniciar expedinte para “ilegalizar a Fundación Francisco Franco”.
  2. Que a Xunta se sume á Comisión Pro Devolución do Pazo  creada por impulso da Vicepresidenta da Deputación da Coruña e constituída por un gran número de concellos.
  3. Poñer en marcha unha Lei de Memoria que restitúa ao pobo galego o Pazo de Meirás.