Ana Miranda pide a Macron no Parlameto Europeo que recoñeza os 50 anos de loita nacionalista corsa

Ana Miranda
Ana Miranda

A eurodeputada do BNG considera indispensable o recoñecemento dos dereitos da cidadanía bilingüe

Ana Miranda pide a Macron no Parlameto Europeo que recoñeza os 50 anos de loita nacionalista corsa

A eurodeputada do BNG Ana Miranda, defende que Francia recoñeza os 50 años de loita nacionalista corsa e os dereitos dos cidadáns e cidadás bilingües, tal e como recolle a Carta Europea de Linguas Rexionais Minoritarias.

Ao fío da comparecencia do presidente da República Francesa, Emmanuel Macron, no plenario del Parlamento Europeo de Estrasburgo, Miranda amosou o seu respaldo ás reclamacións corsas amosando no seu escano a súa bandeira, polo que Macron comentou que “non se pode tramar ao marxe da Constitución”.

Porén, para Ana Miranda, a atención lexítima a unha maioría de corsos que aspira a exercer o seu dereito á autodeterminación e a ter un estatuto de autonomía de pleno dereito e de pleno exercicio é negado polo presidente francés no seu proxecto de reforma constitucional.

“Esperamos de vostede un diálogo veraz para que a súa actitude non sexa comparable á intransixencia do presidente español, Mariano Raxoi”, destaca a eurodeputada do Bloque. Neste sentido manifesta que para levar a cabo un “diálogo sincero”, Francia debería recoñecer precisamente os 50 anos de combate e loita nacionalista.

Segundo Miranda tamén deberían ser recoñecidos os sucesivos procesos electorais, especialmente os últimos nos que a coalición nacionalista acadou o 56% dos votos, só seis meses despois de obter tres deputados na Asemblea Nacional.

“Pero tamén poden recoñecer a moción da Asemblea corsa votada maioritariamente e na que as forzas progresistas obtiveron 48 votos de 63”, afirma a europarlamentaria nacionalista, quen defende que o recoñecemento de Córsega é un “combate político democrático”.