Parlamento Europeo

Ana Miranda denuncia co colectivo galego de Cuba as consecuencias do bloqueo “tan longo e inxusto”

Ana Miranda Asemblea Nacional Cuba
Ana Miranda Asemblea Nacional Cuba

A eurodeputada do BNG participa nunha delegación de distintos grupos da Eurocámara para coñecer o proceso constitucional cubano

Como parte da axenda parlamentar internacionalista, a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, participa en Cuba nunhas xornadas de traballo para coñecer o proceso constitucional que se está desenvolvendo actualmente no país e analizar a situación que vive o pobo cubano como consecuencia do bloqueo “tan longo e inxusto, xa que é un tremendo castigo á poboación que dura máis de 60 anos”.

Ana MIranda colectividade galega Cuba
Ana MIranda colectividade galega Cuba

Neste contexto, Miranda mantivo un encontro coa colectividade galega e descendente de galegos residentes en Cuba, quen relataron en primeira persoa a súa experiencia baixo un bloqueo que afoga a economía, a importación de alimentos, de medicamentos e de combustible. “Temos que seguir este denunciando este inhumano bloqueo e seguir loitando para que chegue ao seu fin”, manifestou tras o encontro, no que lles fixo entrega dun exemplar da obra “Cuba 1991”, do prestixioso fotoxornalista Delmi Álvarez.

Ana Miranda reunión artistas cubanos
Ana Miranda reunión artistas cubanos

Intensa axenda

Ao longo dos dous días de traballo na capital cubana, a delegación de europarlamentarias da que forma parte Ana Miranda participou nunha intensa axenda de reunións, entre as que destaca o encontro coa dirección da Asemblea Nacional, en especial co seu secretario Homero Acosta, e cos Presidentes de diferentes Comisións Permanentes da Asemblea.

Nestas xornadas, a coordinadora de Relacións Internacionais do BNG, tamén mantivo unha reunión con representantes da Unión Nacional de Escritores e Artistas de Cuba (UNEAC), cos que falou da preocupación común polo avance do fascismo no mundo, e con membros do Instituto Cubano de Amizade cos Pobos, aos que lles transmitiu a “total solidariedade do Bloque”.

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG