Visita denuncia do BNG ao campo de refuxiad@s de Calais, "a xungla", reflexo da incapacidade da UE

O BNG forma parte da delegación europea que este luns 15 de febreiro visitará o campo de refuxiados de Calais, a tan só tres horas de París, que alberga en condicións miserables a máis de 4.000 refuxiados procedentes de Siria, pero tamén de países como Afganistán, Irán, Irak, Libia, Etiopía, Sudán...persoas de ata máis de dez nacionalidades distintas.

Campo de refuxiados de Calais

Son o reflexo da crise humanitaria que ten a milleiros de persoas amoreadas en tendas de plástico ou chapa, ante unha Europa incapaz de dar unha resposta coordinada e solvente a quen fuxe de situacións desesperadas provocadas pola guerra ou pola fame.

A Alianza Libre Europea (ALE), da que forma parte o Bloque Nacionalista Galego, envía unha delegación que o vindeiro luns inspeccionará a situación dos refuxiad@s en Calais, na que participa a portavoz nacionalista en Bruxelas, Ana Miranda, ou eurodeputadas como a galesa Jill Evans, do Plaid Cymru, forza política tamén integrada na ALE. A delegación inscríbese dentro das mobilización a favor dos refuxiados como a euromarcha prevista para o 27 de febreiro.

As responsables políticas manterán encontros coas diferentes ONGs que operan no campo de Calais, como Aid Calais Refugees, e manterán encontros con refuxiados das diferentes nacionalidades, que esperan no campamento de refuxiados máis grande de Europa, graficamente coñecido como “a xungla”. A maioría ten como obxectivo chegar a Reino Unido.

Campo de refuxiados de Calais

“Europa presume de ter entre os seus valores supremos a dignidade das persoas, pero deixa que miles de seres humanos estean en condicións deplorables, incapaz de reaccionar a denuncias como a desaparición de 10.000 menores refuxiados. A inacción política da UE é unha vergoña intolerable”, denuncia Miranda.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG