Rosana Pérez a Ana Pastor: "Máis que orzamentos vostede preséntanos enganos"

ROSANA ENTRANDOA deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, subiu esta mañá á tribuna para defender o paquete de emendas do BNG ao capítulo de Fomento nos Orzamentos Xerais do Estado para 2015.

Rosana Pérez destacou á Ministra de Fomento os incumprimentos que se producen con Galiza en canto á execución das partidas do Ministerio que preside. “En 2014 publicitou vostede até a saciedade os 571,3 millóns de dotación para o AVE Olmedo-Lubián-Ourense e co proxecto de 2015 coñecemos a verdade: gastaron só 353,4 millóns. Igual sucedeu en 2013, deixaron de executar entre un 30 e un 40% cada ano”.

“Entre o que vostede nos dí e escrebe nos papeis e o que en realidade fai hai un abismo. Máis que orzamentos, vostede preséntanos enganos, trampas”.

UPyD pide a eliminación das partidas para o AVE a Galiza

No que atinxe ao AVE, Rosana Pérez defendeu a finalización das obras “sen rebaixar as características e os prazos previstos. Censurou a UPyD por presentar emendas que piden a eliminación das partidas destinadas ao AVE a Galiza.

Máis alá do AVE, a parlamentar nacionalista reivindicou un paquete de emendas do BNG para correxir os défices nos tramos ferroviarios interiores. “A modernización ferroviaria de Galiza e a oferta de bos tempos de viaxe seguen ausente nas contas do Ministerio”. Asemade, criticou o xogo que se trate o Ministerio co tema das cercanías: “os mesmos 52.000 euros de sempre para estudos”.

Criticou as cativas partidas destinas ás conexións ferroviarias cos portos de Ferrol e A Coruña, e “nin mencionan a conexión co porto de Vigo”. Por iso, propomos, enfatizou, unha cifra de 4 millóns como base para tomar en serio a importanza destas conexións. Subliñou o esquecimento de Ferroterra, excluida e discriminada na conexión do Eixo Atlántico e sen melloras para a actual conexión ferroviaria Ferrol-A Coruña.

Infraestruturas viarias

Rosana Pérez salientou o mal estado da N-550, e para arranxar esta vía que é a única que podería funcionar como alternativa á AP-9 o BNG plantexa 15 millóns de euros.

A deputada do BNG recriminou á Ana Pastor o retraso que sofre a execución da A-54, “con máis de dez anos de retraso e que non será un feito antes de 2020”. O BNG pide 6 millóns máis para o tramo Melide-Palas de Rei.

Tamén mencionou o mal estado da N-634 ao seu paso por A Mariña, “é a vía alternativa á A-8, que permanece pechada gran parte de ano”, por iso o BNG demanda melloras nesa vía.

Nada para a supresión dos pasos a nivel

Reprochou ao Ministerio que non exista partida para a supresión dos pasos a nivel na Galiza, para o que o BNG propón 2 millóns de euros. “Temos que lembrarlle que no noso país aínda hai perto de 180 pasos a nivel e que entre 2008 e 2013 os sinistros provocaron 39 mortes”.

Finalmente, a deputada do BNG tivo que chamar a atención á Fomento pola falla de respecto á toponimia oficial de Galiza e pediu que se corrixa definitivamente a sinalización con formas toponímicas deturpadas.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG