O PP rexeita paralizar o castastro no Medio rural

A deputada, Tereixa Paz reclamou manter “a exención” do IBI para as instalacións necesarias na actividade de explotacións agrarias ou gandeiras. A parlamentaria afirmou que cando aparezan na relación de bens catastrais “todos os galiñeiros, galpóns e alpendres, os gandeiros  van parecer Amancio Ortega”.

Tereixa Paz en comisión

A parlamentaria do BNG, Tereixa Paz reclamou hoxe, na comisión de Agricultura, a través dunha Proposición non de lei, paralizar o catrasto no medio rural, manter a exención de tributación do IBI para as inhalacións necesarias para a actividade dunha explotación agraria ou gandeira, solicitar a revalorización dos bens inmobles co seu valor real e que en ningún caso, sexa imputado aos propietarios no proceso de revalorización, pagos correspondentes aos catro exercicios anteriores.

A proposta defendida pola deputada contou co apoio dos grupos da oposición pero foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular.

Tereixa Paz puntualizou na súa intervención que o BNG considera que é necesario actualizar a relación de bens inmobles existentes pero sen que este proceso “constitúa novos trabucos” para as persoas afectadas.

A parlamentaria salientou que resulta curioso que o Partido popular presente como únicas medidas de loita contra a fraude fiscal as que afectan gravemente aos traballadores e traballadoras e resto de cidadáns “mentres os Bárcenas, paraísos fiscais e sicavs campan as súas anchas”. A deputada reiterou que esta medida ademais de afectar á tributación de bens inmóbeis, excluíra aos fillas e fillas dos labregos e persoas que viven no medio rural do dereito a percibir bolsa de estudo, cando aparezan na relación de bens catastrais “todos os galiñeiros, galpóns e alpendres van parecer Amancio Ortega”.

A deputada recalcou que a pesar de non ser competencia da Xunta, reclamou que o Goberno galego debe ser “contundente” ante os Estada para que se resolva esta grave situación.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG