Pontón pide paralizar o trámite da Lei de solo do PP porque desprotexe o territorio

Ana Pntón

Ana Pontón afirma que o novo texto empeora a actual lei e abre a porta a máis inseguridade xurídica pola arbitrariedade nalgunhas das súas definicións e previsión.

Ana Pontón en rolda de prensa

 A parlamentaria do BNG e membro da ponencia de elaboración da nova Lei do solo, Ana Pontón afirmou que o Partido popular, lonxe de ofrecer solucións está a empeorar a actual Lei. Para a deputada, a situación urbanística en Galiza está na UCI e despois de catorce anos de vixencia da lei “só o 26% dos concellos” adaptaron o plan á lei en vigor acadando numerosos conflitos xurídicos como ocorre co Plan de Urbanismo do concello de Vigo que pode afectar a outros moitos máis concellos.

Na comparecencia ante os medios de comunicación, Pontón asegurou que a nova lei do solo acrecenta a “inseguridade xurídica”, desprotexe o territorio e resucita a “liberalizacións do solo de Aznar”, unha das causas da crise inmobiliaria. A deputada pediu paralizar o trámite parlamentario da nova Lei porque non ofrece solucións aos problemas urbanísticos do noso territorio, “non é sustentable nin conta con planificación”.

Asemade, reclamou a necesidade de abrir un novo proceso de participación social no Parlamento galego e escoitar as emendas dos diferentes grupos ao texto de diferentes expertos, os concellos e sectores sociais afectados directamente pola nova Lei do solo.

Ana Pontón

O PP non ten intención de modificar o texto

A deputada criticou a falta de vontade do Partido popular para modificar aspectos que cualificou de importante relevancia como a protección do litoral, o solo rústico de vocación agraria, frear a especulación urbanística ou recualificar terreos queimados.

Sobre a paralización do PXOM de Vigo, a proposta do Partido popular, dixo, non representa un punto de partida “valido” porque conculca o dereito de participación social, provoca inseguridade xurídica e non prevé unha avaliación ambiental estratéxica dese tipo de proxectos. Na práctica, explicou, o PP pretende habilitar ás administracións para actuar “fora” do marcado nos plans xerais. Nós, dixo, pensamos que “hai instrumentos” para resolver esta situación e non apostar por consolidar problemas urbanísticos ilegais como os detectados en Barreiros.

Si existe un problema concreto como o de Vigo, “fagamos habilitacións específicas” para eses casos e que o Partido popular non utilice a escusa da paralizacións do PXOM de Vigo para conceder “unha carta branca á administración” para legalizar ilegalidades e promover un urbanismo “salvaxe”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG