Orzamentos 2013: O BNG pide 453 millóns máis para Galiza

O BNG presentou hoxe as súas emendas aos Orzamentos Xerais do Estado 2013, para propór melloras tanto en materia social como no que atinxe ás partidas destinadas a Galiza.

As melloras para Galiza

O BNG pide un aumento das partidas para Galiza de 453 millóns de euros. Entre as propostas realizadas para mellorar as contías para o territorio galego está a solicitude de 125 millóns para a construcción dun dique flotante en Ferrol. 47 millóns para o Acceso ao Porto Exterior de A Coruña, 15 millóns para a ampliación da AP-9 no tramo urbano de Santiago, 10 millóns para o Eixo Atlántico Ferrol-A Coruña, 10 millóns para o Eixo Atlántico Vigo-fronteira portuguesa.

As deputadas do BNG propoñen que 658.000 euros máis para a RAG (Real Academia Galega), 30 millóns para un Plan de Desenvolvemento Industrial na Galiza, 20 millóns para o Fomento Industrial auxiliar naval, 25 millóns para o Plan Lácteo, 10 millóns para un Plan de Acción para o sector pesqueiro, 2 millóns para os afectados por paros biolóxicos na pesca, 15 millóns para un Plan de Desenvolvemento Rural, son algunhas das propostas máis destacadas que o BNG realiza nas súas emendas aos Orzamentos 2013.

Ademáis, Galiza se beneficiaría doutras melloras e programas que plantexa o BNG como o relativo a Políticas Activas de Emprego ou Tecnolóxicos e que aumentarían o orzamento para Galiza noutros 125 millóns.

Revalorización “auténtica” das pensións

O BNG plantexa a revalorización das pensións tomando como referencia o IPC real posto que a “previsión inicial de aumentar un 1% supón unha conxelación encuberta”. Pide que se compense aos empregados públicos pola perda de poder adquisitivo debido á supresión da paga extra de dicembro. Asemade, demanda o mantemento do emprego público como un modo de contribuir á creación de emprego.

Máis educación pública e 1.155 millóns para Emprego

En materia educativa o BNG propón aumentar as partidas para mellorar a Educación pública. 100 millóns para o Programa Educa3, 70 millóns para a gratuidade dos libros de texto, 800 millóns para a formación do profesorado, 150 millóns para bolsas e 20 millóns para a educación pública.

A mellora do financiamento da Lei de Dependencia é outra das demandas do BNG, así como partidas de 1.155 millóns de euros para Políticas Activas de Emprego.

Fiscalidade: máis esforzo aos que máis teñen

O BNG pide nas súas emendas aos Orzamentos unha reforma fiscal máis progresiva para as rendas de capital. Demanda a supresión do Réxime fiscal especial para os desprazados ao Estado español porque “é inxusto que as millonarias retribucións de numerosos deportistas de alto nivel ou directivos de empresas tributen ao tipo fijo do 24%”. Pide tamén a reforma das SICAV para “evitar os notorios abusos das sociedades de inversión de capital variábel para que tributen máis”. Outra das cuestións que o BNG pón sobre a mesa é a creación dun Imposto sobre grandes fortunas.

As deputadas do BNG demandan un Fondo especial de financiamento para os municipios con poblacións inferiores aos 20.000 habitantes.

Menos para a Casa Real e a Igrexa

A formación nacionalista galega plantexa a reducción e rebaixa do orzamento en capítulos como o da Casa Real, un 20% menos. Propón un recorte dun 35% na asignación tributaria á Igrexa Católica no IRPF “coa finalidade de que a Igrexa participe no esforzo colectivo para superar a crise tal e como se rixo cos partidos políticos, sindicatos e patronal”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG