A Executiva Nacional do BNG expresa o seu máis profunda dor polo falecemento de Xosé Manuel Millán

Xosé Manuel Millán
Xosé Manuel Millán. Foto: Wikipedia.

A Executiva Nacional do BNG expresa o seu máis profunda dor polo falecemento de Xosé Manuel Millán, compañeiro da organización desde a súa fundación e alcalde de Moaña no período 2003-2011.

Xosé Manuel Millán foi un compañeiro exemplar. A súa traxectoria vital, desde moi mozo, estivo comprometida coa causa do nacionalismo galego. A el dedicou a súa vida, nos ámbitos estudantil, político, organizativo e tamén institucional, como concelleiro e alcalde de Moaña. Mesmo a súa dedicación literaria se vinculou á dignificación da nosa lingua e cultura nacionais.

A memoria de Xosé Manuel Millán será sempre un estímulo para todas e todos nós. Sentímonos orgullosas e orgullosos de ter compartido militancia cunha persoa honesta e de tan elevado sentido humano e ético, que fixo bandeira durante toda a súa vida da coherencia nos seus principios e do compromiso no seu traballo. Nunca o esqueceremos.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG