As deputadas do BNG solicitarán ao Parlamento que lles desconten do salario a xornada de folga do 8M

Rolda apoio folga de mulleres
Rolda apoio folga de mulleres
As deputadas do BNG solicitarán ao Parlamento que lles desconten do salario a xornada de folga do 8M

O grupo parlamentario do BNG informa que as deputadas nacionalistas Ana Pontón, Olla Rodil, Noa Presas e Montse Prado solicitarán á Cámara que se lles desconte do seu salario a cantidade correspondente á xornada laboral do día da folga de mulleres convocada para o vindeiro 8 de Marzo.

Con está petición, que será enviada o vindeiro luns á Mesa para que faga chegar a solicitude aos correspondentes servizos Económicos da Cámara, as parlamentarias seguen a práctica habitual pola que os e as deputadas do BNG solicitan que se lles desconte o que corresponda en caso de seguimento dunha xornada de folga.