Davila acusou a Montoro de adicarse a "facer propaganda e enganar á cidadanía cos Orzamentos"

INDO Á TRIBUNA 1A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, afirmou hoxe que “o tón de Montoro evidencia que o PP comezou a campaña eleitoral porque só se adicou a facer propaganda e enganar á cidadanía”.

Olaia Fernández Davila fixo estas declaracións após de escoitar a intervención do Ministro de Facenda no pleno monográfico iniciado esta mañá con motivo do debate dos Orzamentos Xerais do Estado 2015.

A portavoz do BNG sostén que as contas do Estado “son un engano nas súas previsións de crecemento económico, nas previsións de descenso do paro, e no que atinxe ao incremento dos ingresos, e son un engano en relación á necesaria mellora da calidade de vida das persoas”. Neste sentido, criticou as cifras macro aportadas por Montoro porque “as súas previsións económicas están desmentidas por organismos internacionais como o BCE e o FMI”.

Son os orzamentos dos incumprimentos con Galiza

Ademáis, Davila sinalou que se manteñen as políticas de austeridade e de recortes que xunto “coa precariedade laboral, salarios máis baixos e o paro fan imposíbel cumprir as previsións do Goberno. Son uns orzamentos que inciden no empobrecemento social, nos recortes e na austeridade en Ministerios que augura con clareza que se producirán máis recortes mentras se incrementa o gasto militar”.

A portavoz do BNG falou dos incumprimentos do Executivo exemplificando a cuestión no que pasa en relación a Galiza: “unha demostración deses incumprimentos do Goberno son os investimentos que ano tras ano se prevén para Galiza. Unhas partidas que non se cumpren nunha porcentaxe do 40%, e moito nos tememos que vai suceder o mesmo para o ano próximo”.

Davila rematou recalcando que “son uns orzamentos enganosos”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG