Cosme Pombo:“Os orzamentos do PP consolidan a asfixia da Lingua e Cultura galega”

Os orzamentos presentados hoxe polo conselleiro Jesús Vázquez incrementan  a recesión e o paro e recortan gravemente as políticas na defensa da lingua, educación e cultura galega.

Cosme Pombo rexeita os orzamentos de  Educación e Cultura

O deputado do BNG, Cosme Pombo lamentou hoxe, que unha vez máis, o Partido popular xustifique coa crise económica unha política que “consolidada a asfixia da lingua e cultura galega”.

Tras a presentación dos orzamentos para o 2014, en comisión parlamentaria, o nacionalista acusou ao titular da consellería de Educación e Cultura, Jesús Vázquez de aumentar as dificultades para o normal desenvolvemento da formación en Galiza, “chove sobre mollado por quinta vez”, dixo, vostedes, desculpan os recortes coa crise provocando que a maioría social galega “repague máis servizos” en lugar de reclamar unha mellor financiamento.

Máis recesión económica e paro e menos Cultura e Educación

Para o nacionalista, os orzamentos anuncian o aumento do nivel de paro nun 21,7 por cento, “cifra superior a do ano pasado” e non son os orzamentos máis sociais como defende o PP, ante a rebaixa “das partidas destinadas á políticas sociais e culturais”

Podio de recortes do PP

“Medalla de ouro para a consellería de Sanidade con 34 millóns de euros menos, medalla de prata para a consellería de Educación con 20 millóns menos e medalla de bronce para a de Traballo con 14 millóns de euros menos” con este símil deportivo, Pombo denunciou a política de recortes do Partido popular e reiterou que os orzamentos do Goberno galego “levan á Cultura ao camiño da sepultura”.Cosme 2

O parlamentario afirmou que a diminución orzamentaria incidirá na reducións de profesionais da cultura e educación así como na normalización da lingua galega, “centos de traballadores/as tirados pola borda, Sr, conselleiro, vostede leva o barco contra as pedras non busque culpábeis desta desfeita”, sentenciou.

Cultura e lingua galega cada vez máis castigadas polo PP

O deputado criticou destinar 4,2 millóns de euros para gasto corrente no “ soño de D. Manuel”. Para a cidade da cultura, manifestou, “non hai recortes”, sen embargo, para o conxunto de entidades culturais só se dedican 600.00 euros.

Asemade, o nacionalista tamén se referiu ao fomento da lectura con 200.000 euros, 30.000 para arquivos e 60.000 para bibliotecas, ao que sumou o recorte do 57% para políticas culturais dende que goberna o Partido popular.

Merma da calidade do ensino

Neste eido, Pombo reiterou que o rumbo da consellería mantén os recortes para os libros de texto “máis repago para as familias”, diminúen as bolsas de axudas de idiomas, para transporte escolar, e Ampas. O ensino público, afirmou “vai camiño da privatización” co proxecto da LOMCE que fará desaparecer máis unidades escolares, es escolas e ensinantes mentres se manteñen os concertos con centros que segregan, denegan ciclos formativos en centros públicos e reducen 10 millóns de euros no ensino secundario.

Asemade tamén aludiu ao aumento do 40% nos menús escolares, o recorte do dereito a este servizo do alumnado transportado e e recorte para a construción de novos centros públicos de ensino.

A universidade verá recortado o persoal, a activade investigadora e o estudantado cada día teno máis difícil pola falta de bolsas, “derroguen a reforma de Wert e reclamen as transferencias” defendeu o deputado do BNG.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG