O BNG pide que Parlamento e Xunta declaren "non grata" a familia e a Fundación Franco

Pazo de Meirás. Imaxe: Wikipedia
Pazo de Meirás. Imaxe: Wikipedia

O BNG presenta novas iniciativas no Parlamento galego para impulsar a devolución do Pazo de Meiras

Solicita unha declaración institucional e fai un chamamento a todas ás institucións públicas a sumarse a petición para devolver a patrimonio público o Pazo. Por outra parte, o BNG tamén solicita que a Xunta de Galiza lidere esta iniciativa prestando o apoio económico, xurídico e técnico necesarios.

Ademais, o BNG  reclama unha condena das declaracións dos responsables da Fundación Franco por apoloxía do franquismo, ilegalizar a Fundación Franco e declarar a familia e Fundación "non gratas" en Galiza.

Finalmente, o BNG pide que a xestión das visitas ao Pazo de Meirás sexa responsabilidade  do concello de Sada.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG