Ana Pontón pide a retirada da reforma sanitaria do PP apelando a maioría social expresada na manifestación

Plataforma SOS
Plataforma SOS

A portavoz nacional, Ana Pontón, arrancou o pleno solicitando a retirada da reforma da Lei de Sanidade de Galiza da orde do día, apelando a “maioría social” que este domingo expresou nas rúas de Santiago nunha manifestación multitudinaria a súa vontade de defender o sistema público de sanidade da contrarreforma que pretende aprobar o PP en solitario.

O BNG, xunto co resto dos grupos políticos da oposición, formalizou esta petición para frear unha novo golpe ao dereito á saúde e demandar do goberno de Feixóo que escoite o clamor social, instando ao PP a non confundir a maioría absoluta “cunha licencia para seguir cos recortes e coa privatización”, que están a provocar un desmantelamento progresivo da sanidade pública. O presidente da Xunta ten que abandonar a “prepotencia” e negociar, instou a portavoz nacionalista. A reclamación da retirada foi rexeitada polo PP.

A formación nacionalista xa ten rexistrado na Cámara unha proposición de lei para modificar os orzamentos de 2018 e destinar 234 millóns de euros adicionais á financiar a atención primaria, como porta de entrada ao sistema de saúde.

 

 
 
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG