Ana Pontón: "Os Orzamentos do Estado son unha nova labazada a Galiza"

Ana Pontón
Ana Pontón

Outras comunidades teñan partidas que superan á galega, "trinta veces máis"

Ana Pontón: "Os Orzamentos do Estado son unha nova labazada a Galiza"

A portavoz do BNG  valorou os presupostos do Estado dos que dixo, son “decepcionantes” e baseados nunha política “antisocial”  nos que de novo, Galiza recibe a “segunda labazada” en dous anos.

Levamos catro anos, explicou nos que non se executaron máis de 2.000 M€ prometidos para Galiza o que   xustificaría, na súa opinión , “unha aportación extraordinaria” para cubrir parte das moitas necesidades que temos  porque “non estamos sobrados nin sobradas de investimentos”, recalcou.

“Mariano Raxoi volve a darnos na cara a todas as galegas e galegos outra labazada coa complicidade de Núñez Feixóo”. Onte mesmo, Raxoi declaraba que as contas representaban un “gran impulso investidor” e comprobamos que son os orzamentos  máis baixos dos últimos 14 anos para Galiza. Agora temos “un cutre 1,3%” mentres noutras partes do Estado se produce un importante incremento como ocorre en  Andalucía, Madrid, País Vasco, Catalunya.

As inversións que se manteñen son as previstas na alta velocidade pero a modernización do ferrocarril, criticou, “non empeza nin acaba coa conexión coa meseta”. Pontón lembrou que Lugo é “gran esquecida nos orzamentos do Estado” e por non haber nin sequera está previsto rematar a autovía nesta lexislatura.

Dende o BNG “non festexamos estes orzamentos”, todo o contrario, non conteñen inversións reais para o futuro do noso país  e son a eneísima mostra de como o Estado “maltrata a Galiza” sen que Núñez Feixóo mostre unha mínima crítica a pesar de recibir labaza tras labazada. Os orzamentos, afirmou, son “un recortazo bis”.

Pontón tamén criticou que Raxoi suba o seu salario máis que as  percepcións dos pensionistas e preguntou cales son as vantaxes para Galiza ao ter  un presidente galego e gobernada polo  Partido popular xa que ao final “tragan con todo”. Ao PNV súbenlle 30 veces máis os orzamentos para Euskadi. Si eu fora a presidenta de Galiza, “non estaría contenta con estas contas”, concluíu.