Ana Pontón esixe a Feijóo tolerancia cero contra o machismo e pide a dimisión do alcalde de Noia

Ana Pontón e Olalla Rodil
Ana Pontón e Olalla Rodil
  • O feminismo sen etiquetas do PP “é manter a un imputado por acoso sexual e a un rexedor que fai declaracións noxentas contra as mulleres”

A portavoz nacional, Ana Pontón, considera incomprensible que o presidente da Xunta non teña pedido a dimisión do alcalde popular de Noia, despois das súas declaracións machistas e vexatorias contra as mulleres que, para colmo, pronunciou durante un acto oficial de celebración do 8M organizado polo Concello.

Para o BNG non chega con desculpas porque o machismo non ten cabida nas institucións e pide a dimisión do rexedor.

“No Bloque defendemos tolerancia cero co machismo institucional e non entendemos como o señor Feijóo non está pedindo a dimisión ao alcalde de Noia, porque é intolerable para a defensa da igualdade das mulleres que o machismo siga presente, campante e se exprese con tanta claridade desde unha desde unha institución como a que lle escoitamos ao alcalde do PP”, reclamou Pontón.

A dirixente nacionalista cualificou de “vergoñentas e noxentas” a palabras do rexedor “facendo exaltación de todo o machismo, prexuízos e estereotipos contra as mulleres” sen que ata o momento haxa ningunha petición de dimisión por parte do presidente do PPdG.

Por iso e á vista da reacción do PP, Pontón conclúe que o “feminismo sen etiquetas” do que se gaba Feijóo “é compatible con manter a un Baltar imputado por acoso sexual, compatible con manter a un alcalde que fixo unhas declaracións machistas e noxentas”.

“O que lle pedimos ao PP é tolerancia cero contra o machismo que se comprometa coa defensa da igualdade, porque senón a conclusión será que o feminismo sen etiquetas do PP e de Feijóo é en realidade un cinismo sen límites e seguir promovendo o machismo como causa principal da desigualdade das mulleres”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG