Ana Pontón denuncia reunións “privadas” entre Feijóo e patronal da sanidade

Ana Pontón
Ana Pontón

Estas reunións ocultas coincide co desvío de fondos públicos á sanidade privada

Ana Pontón denuncia reunións “privadas” entre Feijóo e patronal da sanidade

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón denuncia que no mes de maio Feijóo participou  nunha “reunión privada”   coa  patronal da sanidade que coincidiu,  poucos meses máis tarde,  coa proposta  para “aumentar o desvío de fondos públicos á sanidade privada.” Pontón anunciou que o BNG pedirá explicacións no Parlamento galego ao presidente da Xunta por “incumprir a lei de transparencia” e “favorecer empresas amigas”. Ademais, o BNG  tamén preguntará si esta  proposta  chantaxe” se verá reflectida  nos vindeiros orzamentos para desviar fondos públicos co fin de que  “engorden empresas privadas.

Os recortes na sanidade non foron produto da crise, afirmou a nacionalista, foron privatizacións que responden a “un modelo económico” e  unha posición “ideolóxico política” do Partido popular que resulta un fracaso. Recorrer á sanidade privada “non é a solución” e demostra que o único hospital privado cun área sanitaria como POVISA “duplica as listas de espera cirúrxica dos centros públicos galegos”.

AXENDA OCULTA DO PP PARA SEGUIR COS RECORTES EN SANIDADE

Na comparecencia ante os medios de comunicación salientou que durante os últimos 8 anos, Núñez Feijóo, á cabeza do goberno galego, impulsou todo  tipo de medidas e recortes que provocaron unha redución na sanidade pública de 2.000 millóns de euros, 2.000 profesionais menos, 700 camas pechadas e listas de espera que seguen medrando. Nos últimos catro anos, explicou incrementáronse en máis de 20.000 persoas o número de pacientes que agardan por seren atendidos, “decembro de 2012, 166.169 pacientes, no mesmo ano en 2016,  206.380”. Os recortes teñen unha  gravísima repercusión nos servizos sanitarios e evidencian que a senda elixida por Núñez Feijóo  “é un fracaso”, apostilou.

Ana Pontón denunciou “a axenda oculta” do Partido popular para privatizar cada vez máis a sanidade pública polo que pediu retirar a reforma da Lei que está a cociñar a Xunta e poñer en marcha un plan de choque contra as listas de espera desde a sanidade pública a través de máis recursos e persoal. As listas de espera poden reducirse se existe “vontade política” incrementando o rendemento da sanidade, recalcou.

FEIJÓO NON EXERCE DE PRESIDENTE

Ante as recentes declaracións de Núñez Feijóo publicadas en diversos medios, a líder do BNG asegurou  que  temos un presidente sentado nun diván elucubrando entre “a psicanálise e o insulto”. Núñez Feijóo, dixo Pontón, “fáltalle ao respecto as galegos e galegos que non pensamos coma el” e recoméndolle   que se sitúe en ser presidente da Xunta de Galiza. “Mellor nos iría se deixara de xogar a ser Sigmund Freud e o recadeiro de Mariano Rajoy”. Ao longo destes meses comprobamos como acepta submisamente todos “os desplantes e discriminación que o Estado ten co noso país”, neste sentido, a portavoz nacionalista lembrou o veto para a transferencia da AP-9, os retrasos no AVE, os recortes nos servizos públicos e financiamento ou o desmantelamento do sistema financeiro. Alberto Núñez Feijóo practica o “si bwana a todo o que ven de Madrid.

A diferencia das propostas do Partido popular, o BNG defende “non ter complexos de ningún tipo porque os galegos e galegas temos capacidade para tomar decisións sobre o que nos afecta” e que mellor que as tomenos nós e non deixemos que as tomen outros por Galiza. Pontón preguntou se Feijóo considera que as decisións debemos tomalas nós ou se prefire que as tome Rajoy, Montoro ou Merkel.