Vence: "Queremos encher Galiza de Pontevedras despois do 24M, enchela de gobernos para o pobo"

Encontrol nacional BNG-Asembleas Abertas

O BNG-Asembleas Abertas presentase ao 24 de Maio como a “alternativa en Galiza a un PP corrupto, antisocial e traidor ao intereses do país”, por iso, proclamou o portavoz nacional, Xavier Vence, no encontro nacional que congregou a un millar de candidatos e candidatas en Pontevedra, “imos de fronte contra o PP de Feijóo porque é o principal inimigo desta nación, un PP corrupto, en descomposición, traidor, que usa os concellos como ferramenta de control político da xente e do territorio para ofrecerllo en bandexa aos poderes económicos rentistas de Madrid”.

Encontrol nacional BNG-Asembleas Abertas

Para “mudar o país desde os concellos o 24M”, Vence argumentou “máis motivos” para derrotar ao PP. “Hai que parar as súas políticas de destrución do tecido produtivo, de precarización laboral, de recortes e privatización de servizos públicos” argumentou Vence. “Xa abonda de destrución de emprego, de emigración da xente moza, xa abonda de centralización asfixiante e desmantelamento do autogoberno, por iso, -recalcou-, o 24 de maio temos que sentar as bases para derrotar ao PP”.

Vence contrapuxo a “desfeita” do PP da man das súas políticas de recortes que provocan “mesmo exclusión social”, co modelo de concellos “para a xente” que desenvolve o Bloque onde goberna.

“Os concellos en mans do BNG son ferramentas de transformación, capaz de  crear emprego, con modelos urbanísticos referentes dentro e fora do país, con políticas para a igualdade que dan calidade de vida a veciñanza”.

 

Encontrol nacional BNG-Asembleas Abertas

“Queremos encher Galiza de Pontevedras a partir do 24 de maio”, proclamou Vence, para sintetizar o “aval” co que BNG-Asembleas Abertas se presenta ante a cidadanía galega na cita das eleccións municipais”, quen enumerou a todos e cada unha das vilas e cidades nas que goberna o Bloque como recoñcemento a outro modelo de concellos para o pobo.

O portavoz nacional puxo en valor as candidaturas do BNG-Asembleas Abertas, a renovación, a incorporación de independentes e ampla participación de xente nova nas listas ás municipais, -4.069 candidatos e candidatas, un 30% menores de 35 anos-. “Un nacionalismo renovado, ampliado e enriquecido polas asembleas abertas celebradas por todo o país. Estas si son as verdadeiras candidaturas da cidadanía”, dixo un Xavier Vence que tamén subliñou a “coraxe política” dos candidatos e candidatas nacionalistas que exercen o seu compromiso baixo as siglas BNG-Asembleas Abertas.

“Quero render homenaxe ao centos de candidatos e candidatas que plantan cara ás presións e ameazas desa rede caciquil do PP na Galiza rural e non tan rural"

 

"Especialmente asfixiante nese Ourense diezmado pola política clientelar de Baltar-Feijóo, que converten a provincia nun ermo demográfico e económico, para convertelo nun ermo democrático”, denunciou.

Primeiro chanzo para derrotar ao PP

Vence instou ao pobo galego a “aproveitar” as eleccións do 24 de maio para pasar “a páxina negra” do PP, “o primeiro chanzo para despois desaloxalos da Xunta, antes de que Feijóo destrúa o pouco que aínda queda en pé, e empezar a construír unha Galiza con futuro para todos e todas”.

Encontrol nacional BNG-Asembleas Abertas

O portavoz nacional concluíu instando a “traballar arreo” no mes que queda ata a cita coas urnas “falando con todos os colectivos, cara a cara con cada veciño e veciña, co aval do exemplo dos concellos onde xa gobernamos, coa confianza de que temos candidaturas de homes e mulleres honestos que poñen os concellos ao servizo da xente. Deste xeito, superaremos todas as previsións, propias e alleas”.

Encontro nacional, 1.000 candidat@s

O BNG congregou a un millar de candidatos e candidatas ás eleccións municipais do 24 de maio nun encontro nacional aberto na data simbólica do 25 de abril en Pontevedra. A formación nacionalista elixe esta data polo seu simbolismo político en coincidencia coa revolución dos cravos baixo o lema de que “o pobo é quen máis ordena”, consigna que cobra todo o seu significado nuns comicios municipais.

O acto e o punto de arranque da campaña electoral do 24M, cun encontro nacional no que interviron, ademais do portavoz nacional, Xavier Vence, as cabezas de lista á alcaldía nas grandes cidades, Miguel Anxo Fernández Lores (Pontevedra), Serafín Otero (Vigo), Susana García (Ourense), Rubén Cela (Santiago), Xosé Manuel Carril (A Coruña), Rubén Arroxo (Lugo), así como candidatos de concellos nos que goberna o BNG, como Sandra González (Tomiño) ou Francisco García (Allariz), e outras candidatas e a alcaldables como Ana Hermida (Barreiros), Pilar Martínez (Monforte), Leticia Santos (Moaña).

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG