TeleBNG

Desde nós, un mundo mellor

A solidariedade é a ternura dos pobos, escribiu hai anos Gioconda Belli. O nacionalismo galego practicouna sempre. Comprendemos Galiza como "célula de universalidade", desde Nós. E levamos no noso ADN o internacionalismo, o pacifismo, o combate a todas as dominacións e a loita por unha vida xusta para todas as persoas. Foi así sempre e éo tamén agora. Vivimos como nosas todas as causas xustas e inspírannos as vidas que axudaron a facer un mundo mellor. Porque nacionalismo e anti-imperialismo van ligados, van da man. Porque entre os pobos e entre as persoas, como escribira Benito Juárez, o respecto ao dereito alleo é a paz. E porque todas as nacións teñen dereito a existir, a seren recoñecidas e a decidiren o seu futuro libremente. De Castelao a Mandela, de María Miramontes a Marielle Franco, sumamos ideas, figuras e experiencias que nos inspiran, nos dan azos e son exemplo e espello en que nos mirar. O nacionalismo galego axuda a construír, desde nós, un mundo mellor. #SomosUnhaNación
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG