TELEBNG

Contámosche os 100 anos de nacionalismo galego en 10 minutos

Concentrar cen anos de historia en poucos minutos non é doado. E máis nunha historia como a nosa, a do nacionalismo galego. Intensa, cambiante polas circunstancias, sempre chea de figuras, loitas, soños, traballos. Mais aquí vola mostramos. Dun xeito alegre, ameno e divertido, das Irmandades da Fala ao BNG.

Cen anos de historia que celebramos sabendo que é a hora da afirmación e da coraxe, da rebeldía e da confianza. O momento de mirar cara adiante, de imaxinar un país xusto e libre, de sumar desde os sentimentos e as ideas cada día máis vontades para a inmensa e fermosa tarefa que temos por diante.

Queremos que vexades este vídeo, que nos digades que vos parece, que o movades coa vosa xente, se vos presta, e que interactuemos usando o cancelo #SomosUnhaNación.

Contámosche os 100 anos de nacionalismo galego en 10 minutos