TeleBNG

A miña bandeira...

É obvio, sabémolo. Mais convén lembralo e dicilo clariño. Non todos os símbolos son iguais nin representan o mesmo. Os nosos, como a bandeira da patria, son símbolos de liberdade, dereitos, fraternidade, respecto, emancipación. A nosa bandeira son todas as causas xustas e a vontade de construír vida digna para todas as persoas. A nosa bandeira é moitas cousas, e contámoschas neste video. Compárteo nas redes e coloca na túa casa a bandeira da patria nun lugar ben visíbel.
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG