Inflación
Novas
Manifestación contra a suba dos prezos e o empobrecemento social

BNG mobilizase na rúa en defensa dunha saída á crise de prezos que sexa xusta para a maioría social de Galiza

Propostas: fixar prezos máximos da luz e carburantes, subir os impostos ás eléctricas, empresa pública de enerxía e tarifa eléctrica galega

Pontón: “O goberno do PP deixa unha Galiza peor e, por primeira vez, o presidente da Xunta non será elixido polas galegas e polos galegos, senón polo dedazo de Feixóo”

Compromiso de non escatimar esforzos para abrir un tempo de futuro da man do BNG fronte ao PP que representa o pasado

Ler novas
Novas
Encontro ARVI

Ana Pontón pide valentía ao Goberno central para subir os impostos ás eléctricas e a intervención pública do mercado enerxético

Considera as medidas necesarias pero insuficientes e curtopracistas, porque non van ó fondo do problema: a especulación cun ben que é básico

Propostas do BNG: fixar prezos máximos da luz, gas e carburantes; empresa pública da enerxía en Galiza e tarifa eléctrica galega

Reunión con ARVI: manter as exencións fiscais ós carburantes para o sector pesqueiro, axudas directas e exoneración das taxas portuarias

Ler novas
Novas
Encontro hostalaría

Ana Pontón amosa o apoio do BNG ás demandas da hostalaría

Critica que ningunha das medidas anunciadas por Feixóo figure  publicada no  DOG

Insta ao goberno a negociar “un plan de axudas” para manter e seguir creando emprego no sector hostaleiro

Pide considerar a Galiza, “Excepción galega” polo seu carácter produtor de enerxía e unha compensación polos custes sociais e ambientais

Propón  reducir e gravar os beneficios das grandes eléctricas e destinalos aos sectores máis afectados polo incremento da luz, o  gas e  combustible

Ler novas
Novas

BNG esixe medidas urxentes do Goberno español e da Xunta fronte a suba dos prezos

A fronte nacionalista presenta en Vigo dez propostas para enfrontar a “insoportábel” situación de carestía mentres o executivo central de PSOE-Unidas Podemos e o galego do PP continúan instalados na parálise

Carmela González: “Hai que tomar medidas para rebaixar a cesta da compra, como reducir o IVE dos alimentos básicos, os produtos do mar, de hixiene persoal e feminina, o transporte público, a electricidade e o gas”

Xabier P. Igrexas: “Non nos podemos resignar a que este agravamento da crise se traduza nun novo saqueo en contra da maioría social que representan as clases populares e traballadoras do noso País”

Ler novas
Novas
Created with GIMP

BNG reclama a intervención pública do sector eléctrico para baixar os prezos

Rego sinala que a electricidade é un ben básico que precisa de medidas urxentes para garantir custos asumíbeis

“De 178,92 a 455,90 euros; de 205 a 477”: denuncia Goretti Sanmartín a suba do prezo da factura da luz nun ano mentres as empresas eléctricas multiplican os seus beneficios

A organización nacionalista presenta a campaña “Os prezos soben, os teus cartos baixan” con medidas urxentes para paliar a suba descontrolada dos prezos e o empobrecemento das clases populares

Ler novas
Novas
Ana Pontón

Ana Pontón: “Galiza pode contar co BNG para superar esta crise, mentres o PP deixa o País aos pés dos cabalos”

Critica que Feixóo use o Parlamento para dar un mitin, buscando culpables e con propaganda: “En que DOG están as súas publicitadas axudas?”

Propostas: Axudas directas ao sector primario, rebaixa de peaxes, acabar cos beneficios caídos do ceo das  eléctricas, tarifa eléctrica galega, rebaixa puntual de impostos as rendas da clase traballadora e da maioría social

Ler novas
Novas
Néstor Rego

BNG reclama ao Goberno medidas para paliar a crise do sector pesqueiro

Rego propón un paquete de actuacións e axudas ante a situación “insostíbel e as perdas económicas, laborais e sociais” e a inacción do executivo estatal

Destaca as rebaixas nos prezos dos carburantes, a aplicación do IVE superreducido de 4% a produtos do mar para fomentar o consumo e a activación das axudas de minimis.

Ler novas