Emprego
Novas
Ana Pontón

Ana Pontón propón un Plan de emprego feminino para combater o efecto da pandemia que mandou a 15.600 mulleres para casa

“Hai que cortar de raíz a involución que supón perder a independencia económica ligada ao desenvolvemento profesional”, argumenta

Reprocha a Feixóo un discurso triunfalista que nega a deterioro laboral das mulleres e os pactos do PP cunha forza que fai “apoloxía do machismo”

Propostas: Plan de igualdade da Xunta, rede pública de coidados que permita conciliar e non contratar empresas condenadas por discriminación

Ler novas
Novas
Encontro portos

BNG apoia o persoal de Portos do Estado e exixe ao goberno español que respecte os dereitos laborais

A formación nacionalista solicitou a comparecencia do Ministro de Transportes, José Luis Ábalos, para que dea explicacións sobre por que o Organismo autónomo está incumprindo o Convenio e demora a actualización retributiva dos traballadores e traballadoras. Néstor Rego visitou na sexta feira a representación sindical que está fechada nas dependencias dos Portos do Estado en Madrid para reclamar o cumprimento do Convenio colectivo.
Ler novas
Novas
Paulo Ríos

O BNG pide á Xunta un compromiso real pola calidade do emprego para a mocidade

Paulo Ríos acusou á Xunta de  “non saber” como paliar a emigración da mocidade galega  e de  vender Galiza  para convertela nun  país de servizos,  Xacobeos e turismo de baixo custo

Reprochou o “fracaso” das políticas de emprego do goberno do PP nos últimos 11 anos que non frearon a precariedade e temporalidade  laboral dos máis novos e novas

Ler novas