BNG denuncia que a Ministra de Transportes non ofreza un calendario de execución para as obras de reparación da A-6
Néstor Rego arranca o compromiso de Raquel Sánchez para realizar un estudo sobre o estado dos viadutos similares nas autovías galegas para garantir a seguranza plena das persoas usuarias
O deputado nacionalista reitera o dereito a coñecer a verdade sobre as causas do colapso da infraestrutura e das posíbeis responsabilidades despois de que a Ministra non dese información durante a interpelación