[Galegas 2020] Voto por correo de residentes temporais no exterior

Sobre

Poderán votar a medio deste procedemento @s [email protected] que se encontren temporalmente fóra do Estado español, unha vez efectuada a convocatoria das eleccións, que permanezan nesta situación até o día da votación, e que figuren [email protected] no rexistro de Matrícula Consular como non residentes. A solicitude e a inscrición no rexistro de Matrícula Consular poden realizarse nun mesmo acto.

Unha vez realizada a solicitude de voto por correo, de resultar aceptada, non poderá votar persoalmente.

1. Solicitude do voto.

As persoas interesadas deberán solicitar o voto nos Consulados de carreira e Embaixadas até o 7 de marzo (inclusive).

Nas propias oficinas consulares poden recoller o formulario oficial de solicitude, ou ben descargalo telematicamente na seguinte ligazón:

2. Remisión da documentación electoral.

O envío da documentación necesaria para exercer o dereito de voto realizarase non máis tarde do 16 de marzo (ou 24 de marzo, se hai recursos contra a proclamación de candidatos) polas Delegacións Provinciais da OCE, e conterán a seguinte documentación:

  • Certificado de inscrición no censo.
  • Sobres de votación.
  • Papeletas de votación en branco, que deberán cubrir coa denominación e siglas da candidatura á que van votar: BLOQUE NACIONALISTA GALEGO - BNG
  • O sobre co enderezo da mesa electoral onde lle corresponde votar ao elector.
  • Folla explicativa de todo o proceso.
  • Un impreso oficial para solicitar, no seu caso, o reintegro dos gastos de franqueo.

3. Envío do sobre que contén o voto por parte [email protected] elector/a.

Até o 1 de abril poden remitir os seus sobres contendo as papeletas electorais (cubertas coa denominación “BLOQUE NACIONALISTA GALEGO - BNG”).