Colabora co BNG, fai a túa achega!

Landra

O 2020 depara moitas esperanzas para o noso país. As #Galegas2020 é unha oportunidade para quen pretendemos, desde o nacionalismo galego, dignificar o noso país en termos de democracia, xustiza, igualdade, benestar e liberdade. O BNG é unha forza política construída coas nosas propias mans desde aquí, desde Galiza, sen axuda de ninguén de fóra. O BNG só depende de si propio e da base social que o sustenta. Se queres colaborar economicamente co BNG e facer a túa achega, enchendo o seguinte formulario. Obrigadas e obrigados!