Xerais 2019

Voto persoal embarcado

xerais2019
xerais2019

Poden exercitar o dereito de voto -seguindo o procedemento que se describe a continuación- o persoal dos buques da Armada, Mariña Mercante ou flota pesqueira de altura, con bandeira do Estado español, que teña que permanecer embarcado desde a convocatoria das eleccións até a súa celebración, e que durante ese período atraque en portos situados en territorio do Estado, e que estean previstos con anterioridade.

1. Solicitude do certificado de inscrición no censo.

A solicitude do certificado de inscrición no censo poderá obterse da Delegación Provincial da OCE onde o/a elector/a estea inscrito/a, do mesmo xeito que na modalidade de voto por correo ordinario e dentro do mesmo prazo (do 6 de marzo ao 18 de abril), agás as especialidades que se exporán de seguido:

a) A solicitude cursarase por radiotelegrafía.

b) Na mensaxe farase constar:

  • Nome e apelidos do/da solicitante.
  • Nº do documento de identidade.
  • Data de nacemento.
  • Concello e provincia de nacemento.
  • Concello de residencia en que está incluído no censo electoral.
  • Enderezo, especificando rúa, número, etc..
  • Nome do buque no que se encontra embarcado.
  • Porto ou portos nos que teña previsto atracar o buque, con indicación das datas concretas en que se vai efectuar a parada en terra.
  • Se puidera recibir a documentación electoral por medio doutro buque, indicarase o armador, consignatario ou buque onde poda ser enviada.

c) A solicitude envíase á Delegación Provincial da OCE.

d) Os servizos de radiotelegrafía dos buques terán a consideración de dependencias delegadas do servizo de correos, e os comandantes e capitáns, ou o oficial no que deleguen, ostentarán a consideración de funcionarios encargados da recepción da solicitude.

2. Remisión da documentación ao/á elector/a.

A Delegación Provincial da OCE, comprobada a inscrición do/da interesado/a, considerará a todos os efectos recibida a solicitude e remitirá a documentación a que nos referíamos no voto por correo ordinario ben ao porto, ben ao armador, consignatario ou buque que o elector/a designara, e ao seu nome.

3. Envío polo elector/a da papeleta de voto.

En idéntico prazo que o voto por correo ordinario (até o 24 de abril), o elector/a remitirá por correo urxente e certificado, desde calquera dos portos nos que atraque o buque a documentación electoral á mesa na cal lle corresponde votar.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG