Imprimir

Rosana Pérez reuníuse con Abla Othman Abdelrasool, esposa do deputado palestino preso Ahmed Saadat

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 26 de novembro de 2014

PRESO PALESTINO 001A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, mantivo unha xunta con Abla Othman Abdelrasool, esposa do diputado palestino e Secretario Xeral da FPLP (Fronte Popular de Liberación Palestina), preso sin causa desde o ano 2006 pola autoridades israelíes.

Abla Othman Abdelrasool, demandou á deputada do BNG que o Intergrupo de Palestina do Congreso, do que forma parte a parlamentar do BNG, atenda a solicitude de intercesión para que sexa liberado Ahmad Saadat así como outros prisioneiros palestinos que están en cárceres israelíes sen causa, sen as mínimas garantías legais e aos que non se lles respetaron os seus dereitos fundamentais.

Presos políticos palestinos sen causa

O líder palestino permanece prácticamente aillado e sen visitas desde hai anos. Antes de marzo de 2006, no ano 2002, Saadat estivo preso pola Autoridade Nacional Palestina no cárcere de Jericó, baixo custodia británica e norteamericana. Esta prisión foi asaltada por tropas israelíes mentras os soldados británicos e norteamericanos que o custodiaban o deixaron a merced dos soldados israelíes, que o apresaron. Leva doce anos sendo vítima dunha inxustiza e vivindo en condicións penosas.

Son multitude os presos políticos palestinos privados de liberdade por parte de Israel sin razón algunha. Presos sen causa, cuxa situación é denunciada por organizacións sociais e de dereitos humanos que realizan campañas internacionais para demandar a liberación de presos como Ahmad Saadat, encarcerados en prisións israelíes.

Saadat (esposado, no centro da imaxe), rodeado duhna parte dos efectivos israelíes que o secuestraron

A pesar das súas lamentábeis condicións e da falla de liberdade, o Secretario Xeral da FPLP non deixou de realizar as súas actividades e de exercer as súas múltiples responsabilidades. Foi elexido deputado ao Consello Lexislativo palestino nas elecións celebradas pasado xaneiro. Asemade, é membro do Consello Nacional Palestino e do Consello Central da Organización para a Liberación de Palestina (OLP).

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/outras-novas/rosana-perez-reuniuse-abla-othman-abdelrasool-esposa-do-deputado-palestino-preso-ahmed-saadat/20141126190732011921.html


© 2019 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr