Reclaman ante a Valedora do Pobo a apertura ao público do Castelo do Príncipe de Cee

Castelo do Príncipe, Cee
Castelo do Príncipe, Cee

Sexrio Domínguez (responsábel comarcal da Costa da Morte): “Sería un elemento dinamizador do turismo na Costa da Morte, e un dereito da veciñanza a coñecer o noso patrimonio cultural e histórico”

O BNG e a Plataforma en Defensa do Castelo do Príncipe presentaron ante a Valedora do Pobo un escrito de reclamación no que demandan a apertura ao público deste ben de interese cultural (BIC), solicitando que a institución inste ao Goberno galego a que faga cumprir a normativa que establece un réxime de visitas ao público de catro días ao mes.

“É unha obriga a apertura deste castelo e por iso damos este paso ante a Valedora do Pobo para que se respecte a lei, que indica que este ben de interese cultural que temos no Concello de CEE ten que abrir catro días ao mes”, salientou o portavoz municipal do Bloque neste municipio, Serxio Domínguez, “por iso presentamos este escrito para conseguir dunha vez por todas que a Consellería de Cultura dea un paso adiante e lle obrigue ao propietario á cumprir coa lei, porque ter un BIC ten vantaxes pero tamén ten obrigas”.

DOMINGUEZ E ALVAREZ VALEDORA POBO1Domínguez argumentou ademais que a apertura do castelo sería “moi beneficiosa para o turismo en CEE, porque sería un atractivo máis tanto para o concello como para o conxunto da Costa da Morte” e, neste sentido, lembra que ao outro lado da Ría está o castelo do Cardeal, “tamén con categoría de ben de interese cultural que sería un atractivo turístico  sumar”.

Xunto ao factor dinamizador para o turismo e a súa beneficiosa repercusión na economía local, o portavoz municipal do Bloque apela ao dereito dos veciños e veciñas de CEE “para que a xente do pobo que nunca entramos teñamos acceso a coñecer e visitar este patrimonio cultural e histórico cando queiramos”.

Hai máis BICs na Costa da Morte que tamén deberían poder utilizarse como reclamo turístico para unha comarca necesitada de dinamismo económico e social, -recalcou Domínguez-, quen salientou o “gran traballo” que está a levar a cabo a Plataforma en Defensa do Castelo do Príncipe que lidera Pablo Álvarez, quen tamén se desprazou  á sede da Valedora do Pobo en Santiago para presentar esta reclamación.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG