Imprimir

O PP rexeita unha iniciativa do BNG para reabrir a sala de partos de Verín

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 16 de xaneiro de 2020

Movilización fronte ao Parlamento
Movilización fronte ao Parlamento
Noa Presas: “O importante é que unha muller da Gudiña si quere parir en Verín poda facelo e non verse obrigada a percorrer cen quilómetros e unha hora até Ourense”.

A deputada do BNG por Ourense, Noa Presas defendeu hoxe unha proposición non de lei na comisión de sanidade instando á Xunta a “rectificar” a súa decisión de suprimir a sala de partos do Hospital de Verín e o desmantelamento das urxencias pediátricas. Ademais, a parlamentaria tamén reclamou fixar unha data para unha reunión coa comunidade hospitalaria de Verín co fin de elaborar o calendario e orzamento  para dar repostas a súas demandas, “comprometéndose a ofrecer un servizo de calidade mantendo o catálogo de servizos do hospital e subsanando deficiencias nos servizos de  cirurxía, dermatoloxía, sala de partos  e pediatría hospitalaria.”

Na defensa da iniciativa, Presas acusou ao Partido popular de “manipular” e poñer en valor  a decisión da muller que hai uns días decidiu parir en Vigo. A deputada afirmou que esta decisión obedeceu a motivos persoais que foron explicados pola propia muller entre os que destacou ser traballadora do hospital de Vigo. O que o BNG defende, recalcou a nacionalista  é  que  “as mulleres que queren parir en Verín o poidan facer”, esa é a cuestión e non que unha muller que decide parir en Vigo o faga. O importante é que unha muller da Gudiña si quere parir en Verín poda facelo e non verse obrigada a percorrer cen quilómetros e unha hora até Ourense.

Ademais, o PP continua  “mentindo  e manipulando sobre o déficit de pediatría”.  Este déficit foi imposto por vostedes e  as políticas da EOXI de Ourense e hai sentenzas que corroboran as situación dos pediatras . Vostedes, reiterou Presas, “crearon un problema e agora deben resolvelo”.

A iniciativa do BNG foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular negando todas as denuncias realizadas pola nacionalista. Presas reiterou  que a  nefasta política sanitaria da Xunta de Galiza e a súa folla de ruta intensificada a partir da aprobación da reforma da lei de saúde leva a unha “situación límite” a hospitais coma o comarcal de Verín. Dende o BNG rexeitamos as desculpas “técnicas” do SERGAS sobre a  falta de especialistas en pediatría, unhas dificultades provocadas pola  mala previsión da Xunta de Galiza, que ignora as xubilación dos facultativos e as deficientes condicións que ofrecen ás e aos profesionais que acaban marchando a outras partes de Galiza ou do Estado.

Presas pediu ao PP que abandone “a demagoxia e asuma a realidade”. Fagan o posible para cubrir as prazas no Hospital de Verín, escoiten aos miles de persoas que demandan nas rúas “unha rectificación”. Utilicen a contratación directa e abandonen a estratexia da negación, concluíu.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/pp-rexeita-iniciativa-do-bng-reabrir-sala-partos-verin/20200116181638026304.html


© 2020 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
CIF: G32014003
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr