Olalla Rodil: "O PP instrumentaliza politicametne a Radio Galega e a TVG"

Olalla Rodil
Olalla Rodil

O BNG e o  Comité de Intercentros da CRTVG rexeitan  a supresión das conexións de información local  na radio pública galega e anuncian mobilizacións contra a medida

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón e a deputada e portavoz na comisión de control da CRTVG, Olalla Rodil   mantiveron hoxe un encontro co Comité Intercentros da CRTVG  para avaliar a decisión da Dirección da Corporación Radio e Televisión de Galicia de suprimir as desconexións territoriais.

Rodil denunciou a “instrumentalización política do PP na radio e televisión galega”.  Agora explicou Rodil, temos unha nova mostra desta utilización política cando  a penas queda  un ano para as eleccións municipais. O PP, afirmou quere controlar a información local aínda que para iso teña mesmo que vulnerar o principio fundamental que debe rexer sempre na radio e televisión de Galiza como “servizo público”, por outra banda,  “base da súa creación”. Ademais, a deputada do BNG lembrou  que “a radio e televisión galega é sufragada por todos os galegos e galegas con cen millóns de euros ao ano”.

A deputada anunciou que o BNG preguntará ao goberno que opinión lle merecen os cambios na programación e se vai garantir que a radio e a televisión pública sigan servindo aos galegos e galegas e non ao interese particular do Partido popular “ansioso por controlar a información da Corporación da Radio e Televisión públicas”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG