Olalla Rodil: “Mentres Galiza ardía, a CRTVG emitía humor e deportes”

Olalla Rodil
Olalla Rodil

Denuncia que o Goberno galego utilice os medios públicos como “gabinete de prensa e propaganda”

A CRTVG non informa dos casos de corrupción do Partido popular

A parlamentaria do BNG, Olalla Rodil formulou hoxe unha pregunta ao director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo relativa á información emitida polos medios públicos durante a vaga de lumes do 15 de Outubro. A parlamentaria afirmou, que  un medio privado estatal, “-LA SEXTA- mantivo a Galiza informada do que estaba pasando antes que a  televisión e radios publicas galegas, que non interromperon a programación e continuaron emitindo un programa de humor e de deportes”.

Para a deputada,  o informe técnico da cobertura informativa  remitido pola RTVG    “é o retrato  de que a TVG e a Radio Galega non cumpriron a súa función de servizo público ante unha situación de emerxencia nacional” e confirma as denuncias formuladas polo BNG sobre a nula  cobertura informativa dos medios públicos galegos nesa xornada

Durante a xornada negra e “catastrófica” do  15 de outubro, explicou ,a Televisión pública apenas emitiu un total de 12 minutos ao longo de todo o día, pese a que Pontevedra, Ourense e Lugo “ardían polos catro costados” e non foi ata as 22:46 minutos cando comezaron cun programa especial aínda que xa  “tiñan confirmación de que faleceran dúas persoas”.

No informe, reiterou Rodil aparecen reflexados todos os medios despregados pola TVG para informar dende diferentes puntos sobre a evolución dos incendios e preguntou se había esa cobertura que figura no informe porqué na TVG seguiamos vendo o Luar  e Serrramoura ?. Dende o BNG consideramos que non se cumpriu co servizo público, a pesar do “investimento elevadísimo” co que conta. “A RTVG nós costa cada ano máis de cen millóns de euros. En concreto, 107 millóns de euros en 2018. Con este investimento, dixo, merecemos ser informados nunha  xornada  “de emerxencia nacional” e a RTVG debe cumprir a Lei e actuar como servizo público.

O Partido popular volveu a utilizar  os medios públicos galegos para lanzar a mensaxe do “terrorismo incendiario”, mensaxe que a día de hoxe, remarcou a nacionalista,  “ningunha autoridade pública”, nin dende Galiza nin dende o Estado confirmou  a existencia dese terrorismo.

A TVG NON INFOMA DOS CASOS DE CORRUPCIÓN DO PARTIDO POPULAR

Na mesma comisión, a deputada tamén preguntou a Sánchez Izquierdo polo tratamento informativo da TVG sobre casos de corrupción e concretamente os referidos á sentenza do TSXG que ratificou a condena contra o goberno do PP en Verín dirixido polo actual senador, Juan Manuel Jiménez Morán, por  “prorrogar ilegalmente” unha licenza urbanística á excretaria xeral de Turismo Carme Pardo, e por outro lado sobre  as declaracións do Inspector da UDEF, Manuel Moracho quen asegurou que Mariano Rajoy cobrara “indiciariamente” soldos da Caixa B do Partido popular. De ningunha destas dúas novas, insistiu a nacionalista “informaron os medios públicos”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG