Imprimir

Olalla Rodil atribúe ao nerviosismo de Feixóo a súa resposta de chulería e propaganda ante a manifestación da sanidade

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 10 de febreiro de 2020

Néstor Rego
Néstor Rego

Hai un ano estaba na Praza de Colón “de ganchete da extrema dereita”, cando milleiros de persoas se mobilizaban contra os seus recortes, lembra

O BNG demanda converter en prioridade política a loita contra a violencia machista: “unha muller asasinada cada catro día, é insoportable!”

O BNG está convencido de que a mobilización que volveu encher as rúas de Santiago terá a súa translación ás urnas e que os galegos e as galegas van aproveitar as eleccións para finiquitar a política de recortes da sanidade pública do PP, algo do que tamén é consciente Feixóo de aí a súa airada resposta, marcada pola chulería e a descualificación.

“Feixóo está nervioso, por iso reacciona con prepotencia, chulería, descualificacións e toneladas de propaganda ante a masiva manifestación contra a súa política de recortes e privatización da sanidade pública”, explicou a viceportavoz parlamentaria, Olalla Rodil,  tras ironizar sobre a “febril actividade” do gabinete de comunicación da Xunta nun intento desesperado por contrarrestar a mobilización,

“Este ano déuselles por un envío expansivo de notas de prensa, empeñados en tapar con publicidade e manipulacións unha década de recortes. E o ano pasado, o mesmo día que milleiros de persoas de manifestaban en defensa da sanidade pública tamén en Compostela, onde estaba o presidente da Xunta? Na praza de Colón, de ganchete coa extrema dereita entre pasodobres. Cada quen elixe as súas prioridades”, sentenciou Rodil.

Pero non van conseguir “amordazar” á maioría social “nin con chulería nin con propaganda”, recalcou, por contra “estamos convencidas de que as galegas e os galegos van pasar páxina e deixar atrás a década de recortes de Feixóo nas próximas eleccións, para abrir un tempo neste país, tamén na sanidade pública”.

Mentres, o Bloque sigue traballando para reverter a situación poñendo propostas enriba da mesa:  plan urxente de financiamento da atención primaria con 206 M€, reapertura das 800 camas pechadas e convocatoria das 5.000 prazas vacantes no SERGAS.

Na súa comparecencia , Rodil trasladou a solidariedade do BNG ante o último asasinato machista acontecido en Lugo, o segundo no que vai de ano en Galiza, e fixo un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo movemento feminista en toda Galiza.

“No conxunto do Estado español foron asasinadas 10 mulleres no que vai de ano, unha muller cada  catro días, isto é insoportable e non podemos normalizar a violación de dereitos humanos contra a metade da humanidade”, subliñou a viceportavoz parlamentaria, tras explicar que os feminicidios “son apenas a parte máis visíbel da violencia machista”.

Por iso, urxe converter a loita contra a violencia machista “nunha prioridade política absoluta”, sobre todo cando hai síntomas de retroceso “da man de discursos negacionistas que pensábamos desterrados”, denunciou.

Fan falta máis medios e máis implicación política e social. En Galiza, o BNG propón destinar o 1% do orzamento a combater esta violencia, “100 M€ dun orzamento de 10.000 M€ é máis que posible tendo en conta que estamos falando de salvar vidas”, concluíu.

Cita electoral

A preguntas dos medios, Rodil volveu insistir en que a formación nacionalista está preparada para calquera que sexa a data electoral, “para ir a por todas”, desde a confianza que da ter un proxecto serio e solvente e contar cun liderado claro na candidata á Presidencia, Ana Pontón.
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/olalla-rodil-atribue-ao-nerviosismo-feixoo-sua-resposta-chuleria-propaganda-manifestacion-da-sanidade/20200210124544026515.html


© 2020 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
CIF: G32014003
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr