Olalla Rodil: “A atención temperá é un dereito, non un privilexio para quen poda pagala”

Olalla Rodil

Pide dotar de persoal a Unidade de Atención Temperá do Hospital de Lugo e utilizar o horario de tarde para atender a nenos e nenas das comarcas de Lugo, Sarria e  Lemos

“A atención temperá é un dereito, non un privilexio de quen poida págalo” afirmou hoxe a deputada do BNG, Olalla Rodil na pregunta parlamentaria dirixida ao goberno para reclamar persoal na Unidade de Atención Temperá do HULA e aproveitar todo o potencial das instalación utilizándoas tamén en horario de tarde porque hai lista de espera en logopedia e Terapia ocupacional, nalgúns casos ate de un ano.

Rodil explicou que a consellería é “sabedora” da situación xa que moitas familias presentaron queixas ante  dirección da EOXI e a sección da CIG-Saúde tamén o puxo en coñecemento da dirección.  As familias, ao igual que o BNG reclaman que a  conselleira e  a Xunta de Galiza atenda as necesidades destas crianzas e dote a Unidade de Atención Temperá do HULA co persoal necesario.

Falamos, dixo Rodil,  de “nenas e nenos de 0 a 6 anos con graves trastornos no desenvolvemento, altamente dependentes” e que teñen dereito a unha atención a unha “atención temperá integral, pública e de calidade”. Falta persoal, recalcou e a maiores temos unhas instalacións hospitalarias infrautilizadas que só atenden en horario de mañá.

Pola súa parte, o conselleiro de sanidade xustificou que a actual plantilla en atención temperá cubre as necesidades do servizo ao que a deputada replicou que “existen listas de espera que evidencia a necesidade da dotación de persoal”.

Dende o BNG reclamos “unha atención integral e de calidade para todos eses nenos e nenas” porque o que lles están propoñendo ás familias é reducir as sesións para que poidan acceder outros nenos e nenas ao servizo. Os criterios para reducir a atención debe proceder da evolución dos propios nenos e nenas e non polo necesidade de “atender a máis crianzas”, recalcou a deputada.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG