Olall Rodil a Feixóo: “Deixe de laiarse e chorimicar e presente o recurso xudicial para reclamar os 700 millóns de euros”

Olalla Rodil
Olalla Rodil
Afirma que no Debate de Política xeral, o BNG será “a garantía para falar dos problemas reais de Galiza con propostas concretas para solucionalos”
Tras a Xunta de portavoces para elaborar a orde do día do vindeiro Debate do Estado da Nación, que se celebrará os vindeiros 25 e 27 de setembro,  a viceportavoz do BNG, Olalla Rodil avanzou que o BNG será “a garantía para falar dos problemas reais de todos os galegos e galegas e presentará propostas concretas para solucionalos”.

A viceportavoz do BNG pediu a Feixóo que deixe de “laiarse e choromicar” e presente o recurso xudicial para reclamar os 700 millóns de euros que o estado debe a Galiza. Neste sentido, preguntou para que se fixo un “informe xurídico” si o Goberno galego non o quere utilizar de aval na súa reclamación. A que está xogando? Preguntou.

“Da igual quen se sente na Moncloa,  tanto ten que sexa o PP ou o PSOE porque  alternan a discriminación  a Galiza”. O problema de fondo, engadiu a deputada,  é quen ten a chave dos cartos das galegas e galegos que pagamos os impostos e sobre os que  decide o estado.

Por outro lado, o BNG propón abrir un proceso de negociación para un “novo sistema de financiación” que garanta os recursos galegos a través “dunha facenda galega”.

DEBATE DO ESTADO DA NACIÓN

A parlamentaria do BNG criticou os 10 anos de goberno “fracasado” de Feixóo e afirmou que o BNG non vai permitir que  utilice o Debate de Política xeral para  agocharse detrás da “incapacidade” das forzas estatais para formar goberno e tentar tapar con esta situación, “o balance nefasto de dez anos do Partido popular na Xunta.”

Dende o BNG, reiterou Rodil, non imos permitir que Feixóo agoche o seu fracaso detrás do bloqueo político no Estado. Este fracaso é evidente porque, que fixo Feixóo durante estes dez anos para evitar que miles de postos de traballo segan pendentes na industria galega polo prezo da luz, que fixo para evitar que en Galiza teñamos as pensión máis baixas do Estado e que continúe a débeda de 200 M€ en materia de dependencia, que fixo para acabar coa estafa da AP-9, ou para evitar un sistema de financiamento “discriminatorio e inxusto para Galiza.” Preguntou.

A nacionalista manifestou que ante o “tira puxa” entre o Partido popular e Partido Socialista, a  Xunta debe deixar de facer  “o ridículo institucional” ao redor os 700M€ que o Goberno español debe a Galiza e presentar, sen dilación, un recurso xudicial para reclamar os cartos que son das galegas e galegos.
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG