Noa Presas: “A partir do 28A, Ourense e Galiza terán voz en Madrid para erradicar a situación laboral da provincia”

Noa Presas
Noa Presas

A falta dun marco galego de relacións laborais e as normativas estatais serán obxecto de debate se o BNG ten representación nos vindeiros comicios ao Congreso

A deputada por Ourense insta a Feijóo a posicionarse a favor das traballadoras de Unitono

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Noa Presas, acudíu aos paróns convocados polo Comité de Empresa de Unitono celebrados esta mañá. Son 131 postos de traballo para a provincia de Ourense que corren perigo por unha deslocalización indirecta. Presas chama a que Feijóo “descolgue o teléfono, chame a Naturgy e esixirlle que este servizo fique en Galiza”.

Xa en 2013, a empresa de telemarketing tivera unha crise importante e, debido ás mobilizacións das súas traballadoras, conseguiuse que a plataforma continuase en Ourense. O BNG apoiou dende o primeiro minuto ao Comité de Empresa e as traballadoras de Unitono. Agora, en 2019, voltan a mostrar o seu apoio e solidariedade. A formación nacionalista xa rexistrou a semana pasada iniciativas no Parlamento de Galiza e na Deputación Provincial de Ourense.

Concentración UNITONO“Non podemos permitir que se leve a cabo esta deslocalización encuberta. Temos que frealo entre todos e todas” asegura Noa Presas. Continúa animando ao resto de formacións políticas a posicionarse a favor das traballadoras da plataforma de Unitono de Ourense e impedir esta cuestión. “Mañá mesmo teremos a oportunidade, no pleno do Parlamento, de preguntarlle ao Conselleiro de Industria sobre este tema. Un sector que está precarizado e explotado por culpas das políticas laborais do PP e PSOE nos gobernos do Estado Español.

Galiza e Ourense precisan unha forza que poña voz ao noso futuro

“Non valen conformismos nin tampouco mentir como está facendo o goberno galego. Tampouco vale mirar para outro lado como fai o PSOE dende o goberno do Estado Español” afirma a deputada nacionalista. Estas traballadoras están fortemente perxudicadas pola ausencia dun “marco galego de Relacións Laborais” e polas normativas estatais que “negocian PP e PSOE”. “O BNG, a partir do 28 de Abril mudará estas políticas cando sexa determinante na formación de goberno” sentenza Presas.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG