Imprimir

Néstor Rego pide explicacións a Fomento por posionarse a favor de Audasa e non [email protected] [email protected] de AP-9

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 07 de febreiro de 2020

Obras de ampliación en Rande (Foto: CIG)
Obras de ampliación en Rande (Foto: CIG)
O deputado nacionalista, Néstor Rego, demandou explicacións ao Ministerio de Fomento por posicionarse a favor de Audasa e que exime á empresa de responsabilidade no cobro indebido de peaxes durante as obras de ampliación na ría de Vigo e non dos usuarios e usuarias afectadas

Néstor Rego denuncia que o Ministerio de Transportes, Mobilidad e Axenda Urbana, a través da Abogacía do Estado non estea a defender os dereitos dos usuarios e usuarias perxudicadas polas continuas retencións derivadas das obras da ampliación, mais si os intereses económicos de Audasa, empresa concesionaria da AP-9.

O Bloque Nacionalista Galego pide explicacións ao Ministerio de Fomento ante a repentina solicitude de intervención da Avogacía do Estado na causa contra Audasa e rexeita o posicionamento en defensa da empresa polo cobro de tarifas indebidamente cobradas os usuarios e usuarias durante as obras realizadas en Rande despois de transcorrido máis dun ano desde o inicio da mesma.

Sabemos a poucos días da celebración do xuízo, fixado para os días 11 e 12 de febreiro de 2020, a Avogacía do Estado solicitou persoarse nesta causa, representando o Ministerio de Transportes, Mobilidad e Axenda Urbana que alega que esta demanda pode alterar a concesión que a empresa ten garantizada até 2048. O ministerio público presentou un recurso de reposición ante o xulgado pontevedrés contra a resolución que acorda dar por persoada á Avogacía estatal.

O deputado do BNG afirma que non pode máis que sorprenderse desta actitude tomada polo Ministerio acudindo en axuda da concesionaria Audasa, en lugar de tomar partido pola defensa dos dereitos dos usuarios e usuarias, postura que tamén defende a Fiscalía do Estado.

A Fiscalía denuncia que Audasa seguiu cobrando idénticas tarifas pese ás "restricións permanentes do tráfico". Durante ese período, o tráfico viuse afectado no tramo de Rande, debido á redución do número de carrís en uso e a rebaixa nos límites de velocidade. A pesar de todo iso, non só se mantivo o cobro íntegro da peaxe, senón que incluso se incrementou a partir do 1 de xaneiro de 2018, tras unha inauguración das obras que se realizou o 30 de decembro de 2017 aínda que se continuaron realizando traballos similares na calzada con posterioridade a esa data.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/nestor-rego-pide-explicacions-fomento-posionarse-favor-audasa-non-d-s-usuari-s-ap-9/20200207131214026484.html


© 2020 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
CIF: G32014003
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr