Montse Prado insta á Xunta a actuar xa para evitar que as cinzas dos incendios cheguen ás rías

MONTSE PRADO PLENO
MONTSE PRADO PLENO

"Se non se actúa a tempo as cinzas afentarán ao marisqueo", advirte a deputada do BNG

A portavoz de Pesca no parlamento, Montse Prado, instou ao Goberno da Xunta a que adopte toda as medidas necesarias para evitar que as cinzas da vaga de lumes poda chegar ás rías galegas, pois tería efectos desastrosos no marisqueo e na pesca da que dependen miles de familias neste país.

Os ríos Ulla, Umia, Lérez, Oitavén ou Verdugo foron citados pola deputada como posibles vías de chegada das cinzas ás rías senón se actúa a tempo, “e vexo que o Goberno segue moito máis interesado en difundir o seu relato autoexculpatario, -puidémolo constatar nesta última sesión plenaria-, que en adoptar as medidas necesarias para evitar que isto ocorra, pese a que se trata de preservar a riqueza das rías e pese a que é o mínimo que se lle debe á xente do mar”, alegou.

A deputada argumentou que “non son poucos xa os problemas que teñen os mariscadores e mariscadoras como para engadirlles unha contaminación derivada dos incendios, por iso reclamamos da Xunta que actúe ante de que se sexa un problema”, demandou, tras pedir un informe das actuacións “que o goberno di que está a levar a cabo, pero das que non sabemos nada, nin informan, o que nos leva a dubidar de que realmente estean facendo algo”.

“Á catástrofe derivada da vaga de lumes non engadan agora á catástrofe da inacción, a irresponsabilidade de adicar a maioría dos esforzos en minimizar o ocorrido en lugar de tomar medidas”, recalcou Prado, quen fixo un chamamento a evitar que, de novo, a xente do mar “teña que saír coas súas mans a salvar o seu medio de vida, a salvar as rías que son unha riqueza colectiva”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG