Mini pide ao goberno da Xunta medidas de apoio para o cultivo e procesado da castaña

Castañas
Castañas

Rivas reclamou devolver o  protagonízamo dun  produto esencial para Galiza e cun gran rendemento económico

O deputado do BNG, Xose Luís Rivas demandou hoxe medidas de apoio ao cultivo e procesado da castaña, do que dixo, é  “un produto esencial para Galiza e cun gran rendemento económico”.

O deputado salientou que o cultivo da castaña tamén funciona de maneira eficaz como “corta lumes” e resulta unha importante alternativa ao monte ao favorecer a saída de cogomelos e pastos. “Un ciclo de madeira, cogomelos, pastos e man de obra” que sumado ao apañamento do froito e  procesado,  resultan un importante incentivo económico.

Tras recoñecer o esforzo de Lourizán na investigación para avanzar na solución do impacto de pragas enfermidades nesta especie así como as condicións, en altitude e microclimas doutras especies, o parlamentario do BNG  valorou as vantaxes  da “fixación de poboación” que centrou no necesario desenvolvemento económico do medio rural que se vería beneficiado ao   contar con hectáreas de monte cun maior rendemento de especies fronte a outras arbóreas de madeira.  Rivas salientou que existe unha grande demanda de mercado de castaña pero  as empresas galegas deben importala  de Francia ou Portugal.

Por outra banda, explicou,  tampouco era posible conseguir patróns de portaenxertos mentres no Jerte ou Burgos estaban aumentando as plantacións con portaenxertos galegos debido a  grande demanda do froito  que no caso das  variedades galegas contan cun gran prestixio e ocupan  mercado pola súa orixe e a súa calidade. ” Os expertos  aseguran que o rendemento anual dunha hectárea de castiñeiro dedicado a froito xira en torno  aos 7.000 e  11.000 euros por Ha. ao ano, tendo logo un valor engadido moi superior no procesado e transformación do produto”.

Na súa intervención, o  deputado tamén  preguntou porque  non foron publicadas as axudas para o froito da castaña e porque non se potencia a implantación deste froito  ante a extrema carencia no mercado.

Pola súa parte o director xeral de Montes Tomás  Fernández  Couto afirmou que a consellería está a realizar un grande esforzo económico para controlar as pragas e enfermidades dos castiñeiros.

En opinión do  deputado, este esforzo debe ser “maior” e debe  incidir de maneira especial en zonas rurais abandonadas. Rivas  insistiu na necesidade dunha maior divulgación das vantaxes do cultivo e proceso da castaña así como convocar axudas para un sector “ que está en pleno desenvolvemento” e cun grande futuro.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG