Parlamento Galego

Mini cualifica de “inxustiza” que o sector lácteo galego que menos amoníaco emite sexa “quen pague os pratos rotos”

Mini
Mini
Manifestou que o sector lácteo emite un 8% fronte ao 96% das emisións de amoníaco atribuidas ao sector agrogandeiro e avoga polas boas prácticas agrícolas e o aumento da base territorial das explotacións

O portavoz de agricultura, Xosé Luís Rivas "Mini" formulou hoxe unha pregunta ao goberno sobre as medidas a adoptar pola consellería de Medio Rural para e evitar as consecuencias para o sector lácteo de Galiza da normativa europea referida ás emisión á atmosfera derivadas polos zurros procedentes das explotacións gandeiras. O parlamentaria asegurou que este sector non pode entrar nunha nova dinámica “de investimentos” para maquinaria que inxecto os puríns. Ao seu xuízo, o “razoable” é que a base territorial das explotacións permitan o pastoreo e que Medio Rural “aposte decididamente por este sistema que aumenta a calidade do produto galego e minimiza as emisións”.

Tras a intervención do director xeral de Agricultura, Silvestre Balseiros, o nacionalista incidiu en negar que a problemática do amoníaco se deba  ao vacún de leite e preguntou que “está a facer a consellería a respecto dos lodos de depuración vertidos en fincas agrarias sen tratamento que os inertice e adecúe para a súa utilización”.

Rivas reiterou que é obriga do Goberno galego defender os seus sectores produtivos e nesta ocasión volvemos constatar, dixo, “que o sistema de inxección que preconizan colide coas características especiais do sector e do solo”. Rivas negou a obrigatoriedade da norma europea e lamentou que o sector porcino e os abonos químicos non sexan tomados en conta a hora de establecer normas de diminución de emisións de amoníaco.

Finalmente, o nacionalista afirmou que o tamaño das cisternas de inxección e tractores que as serven “serían inviables en moitas parcelas ademais do apelmazamentos do solo, da orografía e  permeabilidade das terras”.
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG