Imprimir

Maite Ferreiro: “O BNG velará no Congreso por manter viva a Lei de Memoria Histórica”

BNG - Bloque Nacionalista Galego | 24 de abril de 2019

A Pobra do Brollón
A Pobra do Brollón

A candidata do  BNG visitou o lugar de Repil, na Pobra do Brollón, onde fai 70 anos, en abril de 1949, foron asasinados nun tiroteo guerrilleiros antifascistas

“A memoría histórica debe pesar na decisión do voto, hoxe tivemos na man balas que mataron a homes que loitaban pola liberdade” dixo Maite Ferreiro

A candidata do BNG ao Congreso pola circunscrición de Lugo, Maite Ferreiro, visitou a Pobra do Brollón. Maite Ferreiro achegouse a varias localizacións onde o concello da Pobra do Brollón, gobernado polo BNG, está impulsando actuacións relacionadas coa recuperación da Memoria Histórica. “A memoria histórica debe pesar na decisión do voto, hoxe tivemos na man balas que mataron a homes que loitaban pola liberdade” dixo Maite Ferreiro que lembrou o sucedido en lugares como Repil, na Pobra do Brollón, onde fai 70 anos, o 20 de abril de 1949, foron asasinados nun tiroteo guerrilleiros antifascistas.

Maite Ferreiro afirmou “o BNG, no congreso, velará por manter a Lei de Memoria Histórica para que feitos coma estes non volvan suceder”. Ademais do lugar de Repi, a candidata do BNG visitou, tamén, o lugar de Vilachá onde foi un alcalde republicano de Monforte, coñecido como Tizón, que estivo agachado durante anos, nas adegas do lugar, para evitar a morte de mans dos fascistas. Durante a visita, Maite Ferreiro coñeceu polo miúdo a historia do tiroteo de Repil e puido ver, en persoa, parte da munición que foi atopada no lugar durante as escavacións arqueolóxicas.

“O voto ao BNG vai ter un valor dobre nestas eleccións do 28 de abril por que ademais de servir para darlle voz a Galiza no estado, vai servir para frear o avanza da dereita extema en Galiza” afirmou Ferreiro que pediu o voto “a todas as persoas que se sintan de esquerda e que lle queiran a este país”. Maite Ferreiro lembrou que en Galiza os votos van ser decisivos para que sexa o BNG que logre escanos ou estes poidan ir parar a partidos da dereita e da ultradereita.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/maite-ferreiro-bng-velara-congreso-manter-viva-lei-memoria-historica/20190424173405024575.html


© 2019 BNG - Bloque Nacionalista Galego

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
Correo: [email protected]
Teléfono: 981555850

facebook twitter youtube whatsapp telegram instagram flickr