Luís Bará: “O PP defende os intereses de AUDASA e non fai nada ante os colapsos da ponte de Rande”

Luís Bará
Luís Bará

O deputado do BNG afirmou que dende o inicio das obras de ampliación da ponte, o goberno galego non tomou e se empeñou en defender os intereses de AUDASA antes que os das  persoas usurarias da infraestrutura

O deputado do BNG por Pontevedra, Luís Bará preguntou hoxe ao goberno sobre os problemas de tráfico  na AP-9 trala inauguración do pasado 30 de decembro das obras de ampliación “non rematadas” da ponte de Rande.

Bará afirmou que moitas persoas usuarias vénse atrapados polos atascos de Rande aínda que máis ben, recalcou,   teriamos  que dicir “atracados   en Rande”.

O nacionalista acusou ao Partido popular de  “compracencia e pasividade da Xunta” ante un problema que dura meses e manifestou  que o Goberno galego non tomou ningunha medida para resolver os colapsos de tráfico, máis ben todo o contrario, “defende os intereses da concesionaria de  AUDASA e o capital corsario  e non os das persoas usuarias da infraestrutura”. O PP, engadiu, mesmo votou en contra das propostas do BNG sobre a subida das peaxes e os problemas que seguen afectando aos veciños e veciñas polas obras de Rande.

Unhas  obras, insistiu o nacionalista,  “que non remataron pero  foron inauguradas polo Partido popular para favorecer a subida das taxas da AP-9”. O deputado propuxo cambiarlle o nome a ponte de Rande e denominala “a ponte do Morrazo polo gran morro que lle está a botar a Xunta, o Partido popular e o Ministerio de Fomento e o  gran morro co que insultan, aldraxan e  estafan  día a día ás máis de 50.000 persoas que pasan por esta ponte”.

Polo gran morro, tamén  desprezan aos gobernos municipais cos que nin sequera se reúnen, e polo morrazo  de Íñigo de la Senra, Rajoy e Feixóo, os galegos e galegas estamos a pagar “esta gran estafa”. Os galegos e galegas estamos fartos da súa “complicidade e incompetencia”, espetoulle Bará á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez á que lle pediu que “fagan algo para resolver os problemas da ponte de Rande”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG