Luís Bará pide a Rueda que deixe o papel de pirómano e negocie cas traballadoras e traballadores de Xustiza

Luís Bará
Luís Bará

Reclámalle que deixe a prepotencia porque “quen sementa ventos recolle tempestades e estamos ante un ciclón social de indignación contra o PP”

O portavoz parlamentario de Xustiza, Luís Bará, acusou ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, de actuar como “bombeiro pirómano” ante as reivindicacións dos e das traballadoras do sector da Xustiza, en folga desde fai un mes “fart@s de que lles meteran a man no peto, de que @s ameazaran e humillarán desde a súa chulería e prepotencia”.

“Quen sementa ventos recolle tempestades e estamos a vivir unha tempestade social é un ciclón de indignación contra o PP e contra as políticas aplicadas coa escusa da crise, que aproveitaron para facer un axuste de contes de dereitos laborais e democráticos”, recriminou Bará na súa intervención na comparecencia parlamentaria de Rueda, a quen advertiu que non se trata só dunha reivindicación salarial senón contra a discriminación e os recortes e en defensa dunha Xustiza áxil e moderna.

Neste sentido, denunciou as falsidades e mentiras do conselleiro, empezando “por relatar unha cronoloxía falsa, porque o conflito non empezou fai un mes coa folga, senón en 2012 cos recortes nos salarios dos das funcionarios, -que perderon entre 10.000 e 12.000€ nestes anos-, e vostede coa porta pechada non os recibiu nin unha soa vez”, recriminou Bará, “pero acabóuselles a paciencia, fartos de que os humillase e os ignorase, dixeron basta, son un exemplo”.

Bará instou a Rueda a deixar de lado ás ameazas e a chantaxe para traballar nunha solución que, explicou, debe empezar a articularse baixo dous principios: Buscar a mediación externa do Consello Galego de Relacións Laborais (CGRL) e, en segundo lugar, o cumprimento dos acordos parlamentarios nos que se esixía unha solución que acabase coas discriminacións salariais e laborais dos e das traballadoras do sector e se recuperase o emprego recortado na Administración de Xustiza.

O deputado salientou que á folga xa se sumaron novos colectivos como @s médicos forenses. “Ten moito mérito facer unha folga porque non sae gratis, e vostede escolleu a estratexia da confrontación e manipulación, demonizando aos traballadores e traballadoras, tentando enfrontalos coa sociedade e, por riba, pretenden chantaxéalos coa folga esquecendo que é un dereito”,

Imos entrar en fariña

“Atemorizar, usar o código penal para perseguir ao discrepante, esa é a súa marca, pero a xente está dicindo basta, e de nada serve vir aquí a facerlle a oposición aos sindicatos botando máis leña ao lume, facer de bombeiro pirómano, veu provocar, como leva facendo todo este tempo”, denunciou un Bará moi crítico, “cun PP corroído pola corrupción”.

O parlamentario salientou que a da Xustiza non é a única protesta que está na rúa, por contra, a “onda de indignación” inclúa ás persoas pensionistas, á cidadanía en defensa da sanidade pública ou ás mulleres convocadas a folga do 8M. “Acabou a tregua social, e hai unha onda de indignación e rebeldía, hai un pobo vivo e con dignidade removendo a terra debaixo dos pés dun PP que segue na maioría absolutista e así non van parar este vendaval reivindicativo, de xustiza e dignidade, que os vai levar por diante”, advertiu.

Bará empezou a súa replica a Rueda remedando co contido da entrevista que o presidenta da Xunta concedeu ao programa Salvados: “Pregúntolle se sente contrabandista ou se lle parece que Galiza é un país de contrabandistas ou se foi algunha vez de vacacións con narcotraficantes, xa que din que se parecen aos galegos e as galegas. Imos entrar en Fariña”, ironizou, como punto de arranque da súa interpelación ao vicepresidente.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG