Luís Bará acusa ao PP de ser “cómplice e colaborador” da estafa de Audasa na AP-9

Luís Bará
Luís Bará

Reprocha ao PP galego non “pintar nada” en Madrid  para tramitar a transferencia da infraestrutura a Galiza

O deputado do BNG, Luís Bará interpelou hoxe á titular de Infraestruturas, Ethel Vázquez sobre as medidas previstas pola Xunta  para cumprir os acordos parlamentarios en relación a AP-9 e acusou á Xunta de “ser cómplice e colaboradora” do que considerou unha “estafa” a todos os galegos e galegas perpetrada por AUDASA. Bará criticou que os compañeiros de filas do PP galego en Madrid  impidan a tramitación da transferencia desta infraestrutura a Galiza e preguntou: “Que pintan vostedes, o PP e Feixóo en Madrid que non son capaces de dicirlle a Raxoi e a Ana Pastor que permitan a tramitación”.

Na  súa intervención salientou que o  pasado 30 de decembro, último día hábil do ano, o presidente do goberno central  e o presidente da Xunta de Galicia inauguraban e poñían en servizo a ampliación da ponte de Rande. Para o BNG, dixo o deputado,  este feito ven confirmar que a intensificación dos ritmos de traballo nas obras nos últimos meses tiña como obxectivo favorecer os intereses da concesionaria, para poder aplicar os incrementos dos prezos das peaxes previstos na cláusula sexta do convenio asinado polo Ministerio de Fomento e AUDASA no ano 2011.

Neste sentido, afirmou que as obras están inauguradas pero non están rematadas, a pesar de estar incluídas no contrato, “non son complementarias, son obras da ampliación de Rande” e non só da ponte, tamén os veciños e veciñas de Chapela e de Teis non contan para nada. “as melloras comprometidas nestas parroquias afectadas pola ampliación non están feitas”.

Para o deputado,  estes feitos forman parte “dunha longa serie de beneficios , prebendas e tratos de favor concedidos polo goberno do Estado á concesionaria co beneplácito do PP galego e a Xunta de Galicia. Ao que sumou a futura venda da concesión, “un suculento negocio” no que o Partido popular non quere interferir “nin molestar”.

Por outra parte, o  deputado tamén  denunciou a imposición  de multas a persoas que o día da inauguración das obras protestaron nas inmediacións da ponte de Rande

Ao mesmo tempo, afirmou,  que  sistematicamente non se cumpran  os acordos do Parlamento galego en relación coa AP 9, para “non incomodar ao goberno do Estado e á concesionaria”.

Trala intervención da conselleira de Infraestruturas, o deputado do BNG replicou que unha vez máis, Ethel Vázquez eludir responder sobre as xestións realizadas polo Goberno galego para  a transferencia da AP-9, das obras comprometidas en Chapela e Teis, das pantallas antiruído, e da transformación en vía urbana.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG