É inconcibible que nun Estado que se di democrático se renoven os títulos nobiliarios da familia Franco

Luís Bará en comisión parlamentaria
Luís Bará en comisión parlamentaria

Luís Bará: “É unha nova ofensa para as vítimas e una nova proba da impunidade da que aínda goza o Franquismo no Estado”

O BNG considera “inconcibible” que  a día de hoxe e nunha suposta democracia “se conserven se manteñan os títulos nobiliarios, privilexios e as prebendas das que goza a familia Franco e que o BOE publique a tramitación da concesión do titulo do ducado de Franco á súa familia”, como denuncia o parlamentario e experto en Memoria histórica, Luís Bará.

“Décadas despois da Transición a familia do ditador segue gozando dos títulos do señorío de Meirás e do ducado de Franco e isto pon de manifesto a conivencia, a complicidade e a impunidade da que aínda goza o Franquismo nos tempos actuais”, resaltou Bará, quen avanza que o Bloque presentará iniciativas no Parlamento para que a Cámara galega fixe posición en contra de semellante disparate democrático.

“O BNG oponse radicalmente a esta proposta de renovación e concesión deste título nobiliario e imos levar a cabo as iniciativas parlamentarias necesarias para que a Cámara galega teña un posicionamento claro e contundente ante esta nova afronta á democracia, ante esta nova ofensa ás vítimas do Franquismo e ante este novo exemplo de complicidade do Goberno do PP, do Estado e da Xunta coa familia Franco”, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG