Xerais 2019

Iago Tabarés reivindica en Celanova melloraras para vertebrar o territorio

Celanova
Celanova

O candidato do BNG por Ourense ao Congreso dos Deputados, Iago Tabarés, realizou unha visita á capital da comarca de Celanova acompañado por militantes e simpatizantes da organización. Aproveitaron a feira da Oportunidade para reivindicar o fomento dos nosos sectores produtivos e a conexión de Celanova con Portugal para vertebrar o territorio.

Iago Tabarés, acompañado por simpatizantes do BNG, afirmou que coa súa chegada a Madrid esixirá o remate da autoestrada que conecta Celanova coa fronteira portuguesa. En decembro de 2017aprobouse unha resolución de todas as forzas políticas para conectar Galiza con Portugal.

Case un ano despois,  once alcaldes do parque transfronteirizo Gerês-Xurés, os ourensans de Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños e oos portugueses de Arcos de Valdevez, Melgaço, Montalegre, Ponte da Barca e Terras de Bouro, reivindican a mellora das comunicacións entre a autovía celanovesa AG-31 e la IC-28 en Ponte da Barca, a través da fronteira de A Madalena.

“Dende o BNG, seguimos falando de Ourense” apuntou o candidato do BNG. “Tanto as enquisas, coma o manifesto o Foro Liceo, como a realidade na rúa, nos indican que en Ourense temos un avellentamento da poboación que hai que resolver xa” sinalou. Asemade, tamén sinalou as solucións que o BNG levará ao Congreso dos Deputados para estes problemas: “temos que vertebrar o noso territorio, algo de enorme importancia social e para o desenvolvemento económico” afirmou Iago Tabarés.

Sector agrogandeiro para o desenvolvemento económico de Celanova

“Precisamos o apoio e a defensa dos nosos sectores produtivos e medidas para garantir as rendas aos produtores  do establecemento dun circuíto de proximidade para a comercialización e transformación de produtos agrogandeiros” sinalou o candidato. Mais tamén destacou a necesidade do voto dobremente útil ao BNG para que Galiza e Ourense esten presentes no Congreso dos Deputados e todas estas medidas se poidan levar a cabo. “O BNG é garantía para parar á dereita e para darlle voz aos problemas que ten Galiza” sentenzou Iago Tabarés.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG